Transferencia de ficheiros FTP
(Resumo da unidade formativa UF0319 - CODIX )
o protocolo de
transferencia de ficheiros, coñecido como FTP, data dos anos oitenta. A descarga e intercambio de ficheiros entre pares ou P2P ( Peer-to-peer) é máis recente.
A transferencia de
ficheiros mediante o protocolo ftp é un modo cómodo de trasladar
información entre máquinas.
Este protocolo está
pensado para a transmisión de ficheiros entre unha orixe e un
destino, non debemos confundilo cun sistema P2P ( intercambio entre
pares)
FTP son as siglas de
File Transfer Protocol ou Protocolo de Transferencia de Ficheiros e,
como o protocolo http da web, funciona sobre a rede Internet
permitindo o intercambio de ficheiros de xeito cómodo e rápido.
O FTP é un sistema
moi sinxelo de intercambio de ficheiros co que podemos descargar ou
subir un ficheiro informático a unha máquina conectada á rede.
Aínda que a maior
parte dos usuarios e usuarias de Internet non fan un uso completo
deste sistema ás veces é común ver páxinas web nas que a ligazón
de descarga dun ficheiro é do tipo
ftp://www.paxinaweb.com/ficheiro.zip
(nótese o ftp inicial en lugar de http).
Tamén é común
usar este protocolo nas descargas de imaxes de distribucións de
Linux como pode ser Debian.
Podemos ver un exemplo en ftp://ftp.rediris.es/debian/dists/
Podemos ver un exemplo en ftp://ftp.rediris.es/debian/dists/
Napster foi un dos
primeiros e máis coñecidos programas de intercambio de ficheiros,
principalmente de audio (mp3) así como Emule e BitTorrent
Emule funciona cunha
serie de servidores aos que cada unha das persoas usuarias se conecta
co seu cliente, gardando unha lista dos ficheiros que cada persoa
comparte. Os clientes conectados a ese servidor só teñen que facer
unha busca do ficheiro que desexan e establecerase a conexión entre
os dous clientes
para que poidan intercambiar a información directamente.
O sistema de
Torrents non dispón dun servidor centralizado ao que se conectan
todos os clientes, así cada máquina funciona á vez como cliente e
servidor de ficheiros en toda a rede. Para localizar entón os
ficheiros de descarga facían uso de trackers ou buscadores de torrent
vía web, como Mininova ou The Pirate Bay.
Existen milleiros de
ficheiros que se intercambian cada día que non están suxeitos a
leis comerciais, como poden ser as distribucións de Linux ou incluso
os documentos que nós mesmos creamos (fotos, música...) e que
ofrecemos públicamente.
O servizo FTP
utiliza un modo de traballo cliente-servidor no que unha máquina é
a que "ofrece" os ficheiros (servidor) e outra a que os
obtén (cliente). De forma xeral nós actuamos como cliente dun
servidor desde onde descargamos os ficheiros que nos interesan.
Para a transmisión
de ficheiros desde un servidor é preciso contar cun nome de usuario
e contrasinal do servidor ao que nos conectamos, porén existe a
posibilidade de acceder de xeito anónimo que é a forma habitual de
descarga en certos servidores públicos de ficheiros como pode ser o
ftp de RedIris
Habitualmente os
sistemas operativos inclúen un cliente de FTP básico en liña de
comandos aínda que pode resultar moito máis cómodo traballar cunha
aplicación gráfica como podería ser FileZilla.
A maior parte dos
navegadores web tamén permiten acceder a servidores de ftp se
escribimos a URL na barra de enderezos seguindo a seguinte estrutura:
ftp://nomedeusuario:contrasinal@servidorftp:porto/ruta
Para iniciar unha
sesión de FTP debemos escribir ftp nun terminal do sistema
operativo. Obteremos unha liña de ordes que comeza por ftp> onde
debemos escribir os nosos comandos de traballo.
Os comandos máis
habituais son:
open: mediante open
iniciamos unha sesión nun servidor ftp remoto (ex. open
ftp.rediris.es)
ls: para listar o
contido de ficheiros e directorios onde estamos situados
cd: para cambiar a
un cartafol determinado no servidor (ex. cd deproba para acceder ao
cartafol de proba ou cd .. para acceder ao cartafol superior) Se
queremos cambiar de cartafol no noso computador, usamos o comando lcd
get: é o comando
para obter un ficheiro remoto e descargalo no noso computador (ex.
get ficheiro.zip)
put: é o comando
para subir un ficheiro local ao servidor (ex. put ficheiro.zip)
Existen outros
comandos que podemos consultar en calquera momento se escribimos
help
á hora de descargar
grandes ficheiros como distribucións de Linux, é recomendable usar
un protocolo de transferencia de ficheiros como ftp ou p2p como
bittorrent. Deste xeito non facemos uso do protocolo http, tamén é
válido para descargar ficheiros, liberando recursos para quen visita
as webs.
O sistema de
ficheiros FTP é un método de envío e recepción de ficheiros con
moita historia tras de si, pero existen alternativas máis cómodas e
sinxelas.
Unha delas é o
intercambio directo de ficheiros mediante a rede local e os equipos
interconectados a ela. O sistema SAMBA permite poder intercambiar
ficheiros entre sistemas Windows e GNU/Linux, como Debian,
establecendo certos cartafoles como compartidos. Nesta situación,
simplemente podemos copiar e pegar entre carpetas de forma cómoda.
Tamén podemos facer
uso de sistemas P2P para intercambiar ficheiros, aínda que en
contornas persoais ou profesionais na que os envíos son "punto
a punto", entre unha persoa emisora e outra receptora, pode que
non sexa moi operativo. Porén, se por exemplo queremos distribuír
certos produtos dixitais
entre un número grande de persoas (como podería ser un libro en
formato ebook, por exemplo) sería unha opción a valorar.
Finalmente existe a
posibilidade de enviar un ficheiro de gran tamaño mediante un
servizo web destinado a tal efecto.
Este tipo de servizos permiten subir un
documento de moito peso a un espazo temporal e enviar unha ligazón
de descarga por correo electrónico.
Unha solución moi útil no caso de envíos puntuais de ficheiros.
Dende Google Drive
tamén podemos compartir arquivos de gran tamaño.
cómo conectarnos dende Android manual de Filezilla
Servidores FTP
FTP UJA Firefox Finland
outros servidores FTP
geoEuskadi Navarra BIPM
Terminais de consola en liña
JSLinux win 2000 Linux Container distrotests
Exemplo de uso:
1.- conectámonos ao servidor FTP: ftp ftp.rediris.es
2.- listamos os directorios: ls ou tamén con dir
3.- accedemos ao directorio desexado: cd /sites/apache.org/helix/0.8.3/src/
3.1.- para voltar ao directorio anterior: cd ..
4.- descargamos o arquivo: get helix-0.8.3-src.zip
(os ficheiros gardaranse na ubicación local. En Windows será en /Usuarios/NomeDoUsuario/ )
Para saber cal é o noso directorio local teclear: lcd
4.1.- descargar varios ficheiros á vez: mget
mget helix-agent-0.8.3-pkg.tar helix-core-0.8.3-pkg.tar helix-front-0.8.3-pkg.tar
5.- consultar os comandos ftp dispoñibles: ?
5.1.- consultar qué fai un comando en concreto: ? nomedocomando por exemplo: ? recv
6.- pechar sesión: bye ou tamén con exit ou tamén con quit
Comentarios
Publicar un comentario