Iniciación á informática


Sistema operativo

(Resumo da unidade formativa UF0319 - CODIX )

A informática nace co obxectivo de simplificar o tratamento da información. É dicir, a sistematización que ofrece a informática no tratamento de datos permite procesar un elevado número de información de maneira automatizada.

A informática enténdese como a ciencia que estuda o desenvolvemento e as funcionalidades dos computadores e de calquera tipo de tecnoloxía que permita sistematizar o tratamento de datos e realizar tarefas de modo automático. 

Arredor do 3.000 a.C inventouse o ábaco que pode considerarse o máis antigo instrumento de cálculo. Xa nos séculos XVII e XIX se construíron máquinas máis sofisticadas pero é nos comezos do século XX cando se empeza a investigar a aplicación da enerxía eléctrica para facer máquinas de cálculo máis complexas. A informática é o resultado dunha longa historia de investigacións e avances ao longo do tempo.

Para que un computador funcione son imprescindibles estes dous compoñentes:

.- hardware (como parte física e palpable)
 .- software  (como parte lóxica e intanxible)

Hardware
: conxunto de elementos materiais dun computador (a parte física)





os elementos básicos nun computador de uso persoal son:

.- hardware básico

compoñentes imprescindibles para o funcionamento normal dun computador. 



Está composto dun medio de entrada de datos ( por exemplo, o teclado)

 dunha unidade de procesamento e memoria (procesador e memorias)




 e dun medio de saída da informaciónpor exemplo, a pantalla).


.- hardware complementario: todos aqueles elementos que non son imprescindibles para desenvolver as funcionalidades básicas necesarias dun computador

(por exemplo, uns altofalantes, rato ou unha webcam).





O hardware dun computador mantén a estrutura definida por Von Neumann  (JVN) na que se sinalan dous elementos principais:

Unidade Central de Procesamento (CPU) e as Unidades de Entrada e Saída.

A Unidade Central de Proceso á súa vez está formada por unha Unidade Aritmetico-lóxica encargada de executar os programas, unha Memoria que almacena as instrucións do programa e os datos e unha Unidade de Control que xestiona o fluxo de datos entre estes elementos.

A Unidade de Entrada e Saída permite introducir a información e recibila dun xeito cómodo para a persoa usuaria. O teclado, o rato e a pantalla son os elementos principais desta unidade.




Os computadores só procesan información codificada en linguaxe binaria (representada únicamente por ceros e uns) (dixitalización da información).

Exemplos:

convertir o número 100 a binario                                       convertir binario a decimal


O bit é a unidade mínima de información na que se basea o funcionamento dun computador. Só ten dous valores posibles: 0 ou 1, equiparables aos valores lóxicos falso ou verdadeiro.

Toda a información contida nun computador represéntase con este tipo de codificación binaria. Por exemplo, é posible representar calquera letra dun alfabeto se partimos dunha combinación de 8 bits.

A unidade básica de representación da información nun computador é o byte que equivale a 8 bits.

O código ASCII (American Standard Code for Information Interchange) é un estándar internacional que reúne tódolos caracteres do noso alfabeto.


Por exemplo, a representación da letra M faise en sistema binario co byte 01001101; 
en decimal co 77 e
en hexadecimal con 4D

As unidades de medida máis utilizadas na informática baséanse no byte


  Kilobyte (KB): 1024 bytes.
       Megabyte (MB): 1.024 Kilobytes.
           Gigabyte (GB): 1.024 Megabytes.
           Terabyte (TB): 1.024 Gigabytes.


Se nos referimos á transmisión de datos, será o bit (¡ o byte NON!) o que se utiliza para sinalar a velocidade de transmisión de datos entre dous portos ou dispositivos. 
Non se recurre ao byte porque non se pretende medir cantidades, senón frecuencias de trasvase de información ou datos.

A transferencia de datos do móbil ou da conexión de internet mídese en bits transmitidos por segundo (bps). Actualmente referímonos a megabits por segundo (Mbps) ou gigabits por segundo (Gbps).



Na Unidade Central de Procesamento lévase a cabo todo o traballo de procesamento da información que a unidade de control xestiona entre a Unidade aritmetico-lóxica e a memoria. 
Tanto os programas como os datos, en binario, son transformados seguindo unha programación, para ofrecernos os resultados solicitados.



Nos dispositivos ou unidades de almacenamento pódense gardar de maneira temporal ou permanente os datos e as aplicacións que se manexan nun determinado sistema.

Cómpre diferenciar dous tipos de memoria:

 .- a memoria volátil (RAM) Ten unha velocidade de acceso aos datos moi alta, pero depende do subministro eléctrico constante. Cando apagamos o computador esa memoria libérase perdendo o seu contido.

Na memoria volátil é onde se almacena a información sobre os programas e documentos que estamos a executar ou cos que estamos a traballar en cada momento no noso computador.

Se o equipo ten instalado un sistema operativo de 32 bits, a computadora só poderá direccionar un máximo de 4 GB de memoria RAM

 .- as unidades de almacenamento permanente  son dispositivos destinados a gardar a información coa que traballamos no noso computador.

Os dispositivos principais de almacenamento son os discos duros, onde se gardan os documentos e programas. Tamén as unidades ópticas como lectores e gravadores de cds ou dvds son unidades de almacenamento permanente. 

Os datos poden permanecer e modificarse no tempo, incluso en ausencia de subministro eléctrico no dispositivo.


A súa velocidade de traballo é moi inferior á da RAM pero teñen moito máis espazo de almacenamento e non perden a información que conteñen cando se apaga o computador.

Tamén se inclúen as unidades de almacenamento óptico como os

lectores e gravadores de cds ou dvds e bluray

chaves USB ou pendrives

memorias en formato MMC, SD ou MemoryStick

Un disco duro pode conectarse externamente  mediante conexión USB, Firewire ou eSATA

conector IEEE 1394

no manexo de datos traballamos cun conxunto de bytes definidos que denominamos ficheiros, que poden conter programas ou datos

Existen diferentes formatos de ficheiros dependendo do tipo de información que conteñan.

Cada ficheiro identifícase polo seu nome e, non sempre, pola súa extensión (que informa sobre o tipo de ficheiro: de imaxe, de texto, de audio...) ou tamén pola súa icona representativa.


Os periféricos son os elementos do hardware que son independentes do computador e ofrecen funcionalidades engadidas sen que a súa falta impida un uso correcto dun ordenador pero non son imprescindibles para o uso do computardor.
A súa finalidade é auxiliar nas súas tarefas aos elementos básicos do hardware ou ampliar as funcionalidades (altofalantes, impresora, micrófonos...). 

exemplos:

dispositivos de entrada: ratos, as tabletas dixitalizadoras, os escáneres, os micrófonos

dispositivos de saída:   impresoras ou os altofalantes

Os dispositivos multimedia permiten a interconexión de calquera elemento como poden ser as videocámaras, os teclados musicais, as mesas de mistura de sons


.- Software para axudarnos a detectar o hardware do noso equipo:

Mac           Linux       

 Windows:       Administrador de dispositivos         Ferramenta de DirectX

 AIDA64         CPU-Z       Speccy     


A conexión de dispostivos faise mediante o seu propio conector.

Conectores PS/2: Son os habituais para conectar teclado (cor violeta) e rato (cor verde) aínda que na actualidade estes dispositivos acostuman a usar unha conexión USB.

Conector LPT:  era o conector deseñado para as impresoras.

Conector VGA: É o conector para pantallas e canóns de proxección. Tamén se fai uso de DisplayPort ou HDMI como os televisores.


Conectores USB: É un tipo de conector estándar multidispositivo. Trata de unificar cun só tipo de conexión calquera periférico que se poda conectar a un computador. As versións 3 melloran velocidades de transferencia de información e cantidade de dispositivos que se poden conectar.

Conector RJ45: Utilízase para conectarse a unha rede de computadoras mediante un cabo. É semellante ao conector dun teléfono doméstico (RJ11) pero de maior tamaño.

Conectores de audio: Permiten a gravación e reprodución de son. Coñécese como conexión miniJack e establece a cor rosa para a conexión dun micrófono (entrada de son), a verde para a conexión duns altofalantes (saída de son) e a azul para a saída de audio sen amplificación.

teclado inalámbrico        impresora WiFi               teclado Bluetooth

Software:

conxunto de programas, instrucións e regras informáticas para executar certas tarefas nun computador. (a parte lóxica e intanxible)
Inclúense aplicacións informáticas como procesadores de textos, reprodutores de vídeo ou sistemas operativos.

Todos os compoñentes lóxicos que permiten o funcionamento dun computador e tamén aos programas específicos para o desenvolvemento dunha tarefa determinada. 

Este termo recolle todos aqueles procesos que se desenvolven dentro dos soportes físicos do computador (hardware).

O software na nube ou computación na nube consiste en aplicacións informáticas que se executan noutras máquinas distintas da nosa e que se xestionan a través dun navegador web.

O software de aplicacións é o que coñecemos habitualmente como aplicacións ou programas específicos destinados a unha finalidade concreta como escribir textos, escoitar música ou manipular imaxes.   GIMP         LibreOffice      Firefox       Thunderbird


Unha diferenza fundamental con respecto ao software de sistemas é que o software de aplicacións precisa sempre do primeiro para poder funcionar correctamente.

A calculadora é un exemplo de software de aplicación como programa que utilizamos sobre o sistema operativo nun computador.

O programa que reproduce música nun reprodutor de mp3 é un software de sistema porque vai ligado directamente a un hardware específico. Un programa que reproduce música no noso computador, non obstante, precisa dun sistema operativo que o xestione xa que o computador non está especificamente deseñado para ese propósito.

sistema operativo (software de sistema) é o software principal no manexo dun computador xa que está na base do funcionamento de todas as aplicacións que queiramos manexar. Funciona tamén como modo de interacción principal entre o hardware e a persoa usuaria.

software de sistema é aquel software que permite controlar o hardware e servir de base para o funcionamento das diferentes aplicacións dun computador.

Un sistema operativo é un exemplo de software de sistema, xa que é a ferramenta de interacción básica da persoa usuaria co computador. Por exemplo, desde o escritorio ou pantalla inicial dunha sesión, podemos abrir un programa ou facer unha tarefa tan básica como apagar o noso computador.

Nun computador non se podería usar un editor de texto ou un programa de retoque fotográfico se non existise un sistema operativo previo que servise de soporte para a xestión de todo o hardware e a execución de todas as aplicacións sobre el. Tamén o software que levan os teléfonos móbiles ou unha videocámara podería servir de exemplo do que é un software de sistema.

Ao traballar no computador, empregamos moitas aplicacións específicas para realizar determinadas tarefas. Para escribir un documento utilizamos un editor de textos (como Writer de LibreOffice.org) que é unha aplicación de software especificamente deseñada para este fin.

O sistema operativo exerce de vínculo entre o hardware, a persoa usuaria e as aplicacións.
Cando acendemos o noso computador execútase un programa que procura o sistema operativo que teñamos instalado. En caso de non ter instalado ningún sistema operativo non poderiamos traballar co noso computador.

O obxectivo do sistema operativo é xestionar a información e a nosa interacción coa mesma. Para este cometido o correcto funcionamento dun sistema operativo é chave no traballo informático.

Do sistema operativo depende que as instrucións se executen correctamente e a comunicación co hardware se estableza de forma axeitada. En particular é fundamental que a xestión da memoria sexa a correcta así como as respostas dos dispositivos de entrada e saída ás nosas necesidades.

Manter unha operativa correcta dos recursos hardware non é fácil, por ese motivo existen multitude de sistemas de control que evitan os bloqueos, os erros de comunicación, etc.

Microsoft Windows ou Ubuntu de Canonical, xunto con MacOS de Apple son tres dos sistemas operativos máis coñecidos e utilizados a nivel de usuario, pero tamén existen outros sistemas operativos específicos para a xestión de equipamentos médicos, producións industriais, etc.

Aínda que basicamente o seu funcionamento poda ser semellante, existen diferenzas no tratamento da información e a xestión dos recursos polo que certos sistemas son máis estables que outros (menos sensibles a erros ou bloqueos), máis eficientes no uso dos mesmos dispositivos de hardware ou enfocados a un tratamento da información máis cómodo e visual, por exemplo.

Nun mesmo computador podemos ter instalados diferentes sistemas operativos
un sistema operativo é un software de sistema que permite o traballo co computador de forma sinxela xa que xestiona a execución dos diferentes programas e a administración do hardware.
É o software principal no manexo dun computador xa que está na base do funcionamento de todas as aplicacións que queiramos manexar. Funciona tamén como modo de interacción principal entre o hardware e a persoa usuaria.
Poden clasificarse atendendo a múltiples criterios técnicos e de uso (tipos de servizo, estrutura...)

Exemplos:  Debian 

Sistema operativo portable                              Live USB de Ubuntu

Na Interface, o contorno de escritorio é a área da pantalla onde se realizan todas as tarefas de abrir ventás, mostrar iconas, mostrar menús etc.
É a interface básica desde onde nos relacionamos co noso computador (a través das funcionalidades que nos ofrece o sistema operativo) e tamén o punto de acceso a todas as aplicacións de uso cotiá como o noso editor de textos ou o noso navegador web.
A maior parte dos sistemas operativos habituais ofrecen á persoa usuaria unha interface gráfica cómoda para o manexo do computador

Partes da contorna de traballo
A área de notificación onde pequenas imaxes representan atallos de manexo de dispositivos (como o volume, a conexión de rede ou o bluetooth) e tamén figura a hora.


A barra de menús recolle todas as aplicacións instaladas no noso computador así como distintas localizacións onde gardar a nosa información e as configuracións do noso sistema.

Unha icona é unha figura que pode representar un ficheiro, un cartafol, unha aplicación ou un dispositivo nun sistema operativo. As iconas poden encontrarse no escritorio, nos paneis do escritorio, nas barras de ferramentas dun programa ou nun menú. A finalidade das iconas é facilitarlle á persoa usuaria, a través dun atallo gráfico, o acceso aos diferentes elementos.

Na barra de xanelas imos atopar un botón por cada unha das aplicacións que esteamos utilizando o cal nos permitirá trasladarnos dunha a outra dun xeito rápido e fácil.

O escritorio de traballo é o espazo onde operamos coas diferentes aplicacións e ficheiros nas súas ventás correspondentes. Simula un escritorio de real, coma se fose unha mesa, na que situamos os nosos elementos de traballo.

Unha xanela é unha representación gráfica que temos no sistema operativo para comunicarnos coas distintas aplicacións. Ao abrir unha aplicación preséntasenos nunha xanela e aínda que esta teña características propias de cada aplicación, todas as xanelas teñen unha serie de elementos comúns como son:
A barra de título normalmente inclúe na parte central o nome da aplicación e do ficheiro co que se está traballando e no seu extremo dereito ou esquerdo unha serie de botóns que permiten operar coa xanela: minimizándoa á barra de tarefas do sistema operativo, maximizando o seu tamaño a todo o
escritorio ou pechando a aplicación.

Se mantemos pulsado o botón esquerdo do rato sobre a barra de título podemos desprazar a ventá polo escritorio.

A barra de menús é dependente do tipo de aplicación que esteamos executando pero acostuma ter un menú inicial Ficheiro co que poder abrir e gardar os nosos documentos de traballo e un final Axuda con información sobre o programa. O resto de menús permiten acceder as funcionalidades da
aplicación.

A barra de ferramentas tamén é dependente do programa en cuestión e recolle algunhas das accións máis habituais para o manexo da aplicación como pode ser abrir ou gardar documentos, imprimilos, desfacer e refacer accións, etc.

A área de traballo da aplicación é o espazo onde desenvolvemos o noso traballo principal coa aplicación. Se o programa é de edición de textos é onde escribimos ou onde debuxamos, se a aplicación é de ilustración, por exemplo.

Na barra de estado ofrécese información do documento sobre o que estamos traballando e, en ocasións, tamén podemos facer modificacións ou alterar o seu comportamento.

O explorador de ficheiros é unha das xanelas habituais no noso traballo e permítenos acceder aos nosos ficheiros almacenados. Os seus compoñentes son:

            Barra de menús é onde atopamos as diferentes opcións do explorador como a visualización de ficheiros e cartafoles ou a posibilidade de establecer marcadores.
              
        Barra de ferramentas principal localízanse unha serie de botóns de atallo que permiten desprazarnos entre os cartafoles ou aumentar ou diminuír o tamaño dos elementos, por exemplo.

           Barra de localización establécese a estrutura de cartafoles na que estamos situados, podendo saltar aos inmediatamente superiores premendo sobre o seu botón correspondente.

       No Panel lateral figuran os espazos de traballo máis habituais como o Escritorio ou os cartafoles Documentos, Música, Imaxes, etc. para poder acceder a eles directamente. Podemos tamén escoller Información, Árbore, Historial, Notas ou Emblemas para este panel.

                 Na parte central máis grande atopamos a representación dos Cartafoles e ficheiros contidos no cartafol sinalado na Barra de localización. Podemos premer sobre os cartafoles para ver o seu contido ou nos documentos para abrilos coa súa aplicación correspondente.

Finalmente na Barra de estado sitúase a información xeral sobre o cartafol ou algún dos elementos marcados nel. En particular podemos apreciar cal é o tamaño que ocupa en disco un ficheiro ou o espazo libre que temos.

na barra de tarefas sempre figurarán as aplicacións que esteamos executando no momento polo que se unha das xanelas oculta á outra podemos destacar a segunda activándoa na barra de tarefas


En sistemas operativos como Ubuntu ou MacOS existe o concepto de iniciador, en substitución das tradicionais barras de tarefas.
O iniciador de Ubuntu é unha barra lateral (situada do lado esquerdo) e que incorpora un buscador das nosas aplicacións, iconas de atallo ás ferramentas máis habituais e as que temos abertas nese momento.

Cada sistema operativo establece as súas propias configuracións para a distribución da contorna de traballo. En xeral, tres son os elementos principais de configuración da contorna de traballo:

A distribución dos elementos
Os atallos a aplicacións
A apariencia gráfica

De forma xeral, as barras están situadas na parte superior e/ou inferior do sistema operativo pero é posible modificar a súa posición e movela a calquera dos catro lados da pantalla. Basta premer co botón dereito nun espazo libre e escoller a situación tras premer en Preferencias.


Tamén podemos crear atallos para as nosas aplicacións e documentos favoritos ou habituais, evitando ter que localizalos en menús ou cartafoles específicos. Normalmente é suficiente con arrastrar os elementos á posición desexada (escritorio ou barra de tarefas) para que se cree un Acceso directo ao mesmo. Unha pequena frecha sobre a icona diferenciará o ficheiro orixinal, do seu atallo correspondente.                 cómo crear accesos directos en Ubuntu

Un acceso directo é unha ligazón a un elemento do noso computador, aplicación ou ficheiro, que podemos situar en calquera espazo e que nos facilita o acceso dun xeito máis doado e directo.
Para crear un acceso directo podemos premer co botón dereito sobre o elemento e escoller a opción correspondente á creación do atallo

Tamén se poden cambiar as cores, os tipos de letra e incluso o fondo do noso escritorio por outro que nos resulte máis agradable como pode ser unha foto ou un debuxo propios. Temos as opcións de estilo gráfico no menú Sistema -> Preferencias -> Aparencia.


Para a correcta organización da información nos discos duros dun computador establécense dous criterios básicos de ordenación:

O particionamento, que permite facer cun só dispositivo varias unidades diferentes de almacenamento. Por exemplo é posible, nun mesmo disco duro, ter un espazo para o sistema operativo e outro diferenciado para os datos.
O disco duro pode dividirse así en unidades lóxicas independentes, que permiten distribuír a información de forma separada. Estas unidades reciben o nome de particións e, se ben deberían crearse durante o proceso inicial de instalación do sistema operativo, é posible modificar o seu comportamento posteriormente, a risco de poder perder a información se o proceso non se
completa correctamente.

O sistema de ficheiros, é o modo no que ordena e organiza o computador os datos dentro do disco para poder localizar e recuperar a información en calquera momento. O que nos interesa destacar neste tema é como podemos xestionar a nosa documentación dentro desta estrutura de base
que nos ofrece un sistema operativo determinado.

A través destes sistemas de ficheiros dáselle estrutura a toda a información gardada nas unidades de almacenamento. O acceso a esta información faise habitualmente a través dun xestor de arquivos. Esta estrutura de ficheiros, como os índices ou glosarios dos libros, permite posteriormente acceder
facilmente á información.

Os sistemas operativos de Microsoft (Windows), Apple (MacOS) e GNU/Linux (Debian, Ubuntu...) teñen, cada un, un sistema de ficheiros asociado diferente, se ben as súas funcionalidades e o seu obxectivo son os mesmos: ordenar a información e recuperala.

Os directorios son os espazos nos que se organiza unha unidade de almacenamento para facilitar a ordenación dos nosos ficheiros. 
As estruturas de directorios son normalmente xerárquicas cunha estrutura ramificada en forma de árbore. Desde un espazo principal chamado raíz vanse creando ficheiros e directorios de forma aniñada.

Os sistemas operativos ofrécennos unha serie de directorios predeterminados que constitúen a base de organización de toda a información que se manexa nun computador e que non deberíamos modificar. O directorio raíz é o directorio principal que contén todos os directorios ou cartafoles dentro desa orde xerárquica.
Nos sistemas operativos os directorios denomínanse carpetas ou cartafoles e teñen a finalidade de almacenar ficheiros. Pódense crear cartafoles dentro doutros cartafoles e así sucesivamente.

A metáfora dunha árbore ramificada permítenos comprender a estrutura de directorios do sistema operativo. A partir dun tronco común (o directorio raíz), nacen as distintas ramas (cartafoles) que á súa vez poden conter novas ramas (outros cartafoles) ou finalmente follas (ficheiros). Cada rama (cartafol) pode conter novas ramas (novos cartafoles) ou follas (ficheiros) pero só pode estar contida nunha rama superior (o cartafol superior que o contén).

a estrutura xerárquica en que se organizan os nosos cartafoles nun sistema operativo lévanos a destacar o concepto de ruta.

A ruta é o camiño, partindo do directorio raíz, dentro da árbore de cartafoles onde se encontra unha determinada información. Como consecuencia da estrutura en árbore dos cartafoles, cando queremos acceder a un cartafol determinado temos que lembrar a súa localización dentro dos diferentes
cartafoles. É dicir, temos que establecer a ruta, por exemplo, do ficheiro que estamos a buscar: en que cartafol está e se ese cartafol está dentro doutro cartafol e así sucesivamente.

/Inicio/Usuario/Escritorio/Cartafol
A aplicación que nos permite organizar e manipular os nosos arquivos coñécese co nome de xestor de arquivos. Tamén podemos denominar esta aplicación co nome de explorador de ficheiros, administrador de ficheiros ou navegador de ficheiros (en inglés file manager

A súa principal funcionalidade e movernos entre os ficheiros, cartafoles e directorios e realizar operacións con eles.

Nautilus é o nome do explorador de ficheiros de Debian. En calquera caso, o navegador de ficheiros amósanos o contido dunha carpeta ou cartafol e acostuma a ser semellante en todos os sistemas operativos.

Cando abrimos un cartafol en Debian o xestor de ficheiros Nautilus amósanos o seu contido.

Dentro do xestor cómpre destacar o panel lateral de navegación que é o espazo lateral onde podemos ver as carpetas e a súa ordenación en árbore.

O lugar onde se presenta a listaxe de elementos que contén a carpeta que estamos abrindo sitúase no medio do explorador e constitúe o espazo máis amplo e con maior funcionalidade de uso.


Para crear un novo cartafol ou ficheiro só precisamos premer co botón dereito nalgún espazo baleiro do noso Escritorio ou no interior dalgún cartafol xa creado desde o explorador de ficheiros do sistema operativo.

Tamén podemos crear un cartafol desde o menú Ficheiro -> Crear Cartafol


Para renomear un cartafol é suficiente con premer sobre el co botón dereito e escoller renomear
Tamén dispoñemos desa opción no menú Editar -> Renomear
Tamén premendo a tecla de función F2 sobre o cartafol sinalado permite renomealo rapidamente.

Para abrir ou entrar nun cartafol e ver o seu contido é suficiente con facer dobre clic sobre a súa icona. Automaticamente o explorador de ficheiros amosará o seu interior.

Do mesmo xeito, sinalado o cartafol, podemos premer no botón Enter para obter o mesmo resultado.


O primeiro paso para copiar é seleccionar un ou máis cartafoles co botón esquerdo do rato para posteriormente premer sobre a selección co botón dereito do rato. Apareceranos un menú lateral que inclúe a opción Copiar.
Unha vez feito isto dirixímonos á carpeta onde queremos gardar a copia e prememos de novo o botón dereito do rato sobre un espazo baleiro para seleccionar no menú que se desprega a opción Pegar.


tamén se pode atallar o proceso premendo a combinación de teclas Ctrl+C e logo Ctrl+V sobre o cartafol ou cartafoles seleccionados. atallos de teclado

a diferenza de copiar, mover un cartafol consiste en eliminalo da súa situación inicial para conservalo só no lugar de destino.
O proceso é semellante ao de copiar, pero neste caso seleccionamos cortar en lugar de copiar, para que desapareza da posición inicial. Por este motivo, debemos ter moito ollo á hora de copiar ou cortar, xa que no segundo caso perderemos a situación inicial do cartafol.

En xeral, no proceso de mover un elemento (borrándoo da súa localización orixinal) podemos arrastrar o elemento seleccionado (mantendo pulsado o botón esquerdo do rato sobre el) até o destino final (onde soltamos o elemento). Este proceso de arrastrar e soltar é máis cómodo e rápido que o primeiro. Se en lugar de mover queremos copiar, debemos premer e manter a tecla control Ctrl mentres facemos a operación. Veremos como aparece un máis na esquina inferior dereita sinalando que se está copiando e non movendo.


Para borrar un cartafol debemos escoller a opción Mover ao lixo do menú contextual que aparece ao premer co botón dereito do rato sobre el. Tamén podemos sinalar o cartafol e premer ta tecla Supr do teclado.

Debemos ter en conta que eliminar o cartafol non borra definitivamente o mesmo senón que o envía ao cartafol Lixo por se quixeramos recuperalo nun futuro. Se queremos forzar que se elimine totalmente o cartafol, debemos manter pulsada a tecla Shift.

Os ficheiros ou arquivos definiríanse como un conxunto de información localizada ou almacenada como unha unidade dentro da memoria dun computador.

En xeral existen dous grandes tipos de ficheiros:

Os ficheiros de datos da persoa usuaria, que son os documentos que gardan a información creada pola persoa usuaria como poden ser os nosos documentos de texto ou as nosas imaxes. Un ficheiro pdf cun texto é un exemplo dun ficheiro de datos. Tamén un arquivo musical en formato mp3.

• Os ficheiros de programa son todos aqueles ficheiros que acompañan a unha determinada aplicación para o seu correcto funcionamento.


O exemplo máis habitual é o propio executable do programa pero é frecuente que o programa precise ficheiros adicionais como librarías ou arquivos de configuración para o seu correcto funcionamento.

 No traballo habitual cun computador non é preciso utilizar máis que os ficheiros de datos da persoa usuaria e en xeral é a información máis importante que debemos conservar.

 para crear un documento de texto abrimos un editor ou para crear un ficheiro de imaxe abrimos un programa de debuxo ou retoque. Creamos o noso ficheiro de texto ou de imaxe e gardámolo na carpeta ou cartafol onde queiramos almacenalos.

 Se queremos renomear un ficheiro, podemos premer enriba do elemento co botón dereito do rato e sairanos un menú que inclúe a opción Renomear.
Outra opción para renomear é seleccionalo co rato e logo premer a tecla de función F2

 Para abrir un ficheiro podemos partir del mesmo ou da aplicación que o xestiona.
No primeiro caso só precisamos atopar a súa localización nos nosos cartafoles e facer dobre clic sobre el ou escoller Abrir con despois de premer co botón dereito. Se no noso sistema existe unha aplicación asociada a ese ficheiro abrirase amosando o seu contido. En caso de non ser así, preguntarásenos pola aplicación que abre o ficheiro podendo escoller entre as instaladas no noso sistema.

 A alternativa consiste en abrir o ficheiro desde a aplicación que o xestiona.
Normalmente existirá a opción Ficheiro no inicio do menú da aplicación e no seu interior Abrir. Neste caso teremos que buscar o ficheiro entre os cartafoles da caixa de diálogo que se nos presente para finalizar co mesmo resultado que no caso anterior.


 Para Gardar, unha vez seleccionada a opción Gardar, que nos ofrece o programa que estamos usando, sáenos un cadro de diálogo desde onde podemos seleccionar o lugar en que queremos gardar o noso documento.

 Se queres gardar outro documento co mesmo contido pero outro nome de ficheiro, podes escoller Gardar como... no menú Ficheiro para almacenar outra copia do documento cun nome distinto.


 Os sistemas operativos incorporan unha serie de aplicacións e ferramentas na súa instalación base que permiten comezar a operar con eles case de inmediato. Porén, para sacarlle todo o partido posible é preciso instalar programas adicionais.

Entre as aplicacións que incorporan a maior parte dos sistemas operativos están os editores de texto básicos ou os reprodutores de son.

 Exemplos:

 editor de texto simple Gedit           visor de fotografías Shotwell         programa de debuxo The GIMP
cliente de correo electrónico Evolution             navegador web Iceweasel

 A ferramenta que nos permite explorar ou navegar entra as aplicacións do sistema operativo é o botón Aplicativos da superior.

As aplicacións instaladas no noso sistema operativo enmárcanse dentro destes menús categorizadas segundo a súa utilidade ou destino. Cando instalamos novas aplicacións, tamén se introducirán na súa categoría correspondente deste menú.

 Ademais do traballo habitual cos nosos programas e documentos, unha das accións que normalmente se realiza tras a instalación do sistema operativo é a súa configuración.

Escoller a resolución de pantalla, o idioma do sistema, a conexión de rede, o son, o teclado e o rato, etc. son algunhas das tarefas de configuración do sistema operativo.

Existen tarefas adicionais máis avanzadas como a instalación de novos dispositivos hardware ou a conexión a unha rede empresarial pero son traballos que acostuman a realizar técnicos especializados.

No menú Sistema de Debian podemos atopar os distintos elementos que podemos adecuar ao noso gusto categorizados en dous espazos: Preferencias, onde se sitúan os parámetros básicos para cambiar o aspecto gráfico do noso escritorio, por exemplo, e Administración, onde están configuracións máis avanzadas

 Unha das vantaxes dos sistemas operativos actuais é o seu carácter de multiusuario. Isto permite que un mesmo ordenador poida ser utilizado por varias persoas, mantendo espazos de traballo distintos.

Así, nunha mesma familia poden existir tres persoas distintas, cada unha co seu propio escritorio de traballo e os seus documentos, pero integrado nun mesmo computador.


 O proceso de creación de contas de usuario faise tamén desde a configuración do sistema (Sistema -> Administración -> Usuarios e Grupos) e debemos distinguir dous tipos de persoas usuarias principais: as que teñen permisos de administración e as que non.
O máis habitual é que as persoas usuarias non dispoñan de permisos de administración para evitar posibles problemas de seguridade ou estabilidade no sistema e así as súas capacidades limítanse á execución de programas e á creación de documentos.
As persoas que dispoñen de permisos de administración poden ademais instalar e desinstalar outros programas así como xestionar ferramentas de administración máis avanzadas.

 Levar a cabo copias de seguridade (backups) da nosa información de forma frecuente é fundamental xa que non estamos libres de que o noso computador sufra algún dano que impida acceder á súa información. Así pois, manter copias de seguridade illadas dos nosos datos é moi importante xa que é un xeito de evitar perder información por descoido, danos físicos ou incluso perda do noso computador.

Por este motivo é fundamental:
• Seleccionar ben que tipos de datos debemos gardar ou non para aforrar tempo e espazo
 Programar copias de seguridade dos nosos datos con frecuencia (semanal ou mensualmente)
• Conservar as copias de seguridade nun espazo separado do computador para evitar unha posible perda conxunta

 Unha primeira opción rápida e sinxela é copiar directamente os nosos datos nun disco USB ou gravalos nun CD ou DVD. Porén existen ferramentas que automatizan o proceso.

Algunhas das ferramentas automáticas que podemos usar podemos atopalas na propia documentación de Debian, nesta ligazón

 Existen multitude de opcións para poder gardar as nosas copias de seguridade: discos externos, pendrives, dvd-rom.

Na nosa decisión á hora de escoller un soporte para gardar copias de seguridade debe primar a velocidade á hora de facer e recuperar as copias, a solidez do dispositivo, a durabilidade ao longo do tempo e a capacidade do mesmo para dar cabida aos nosos datos.

Se precisamos facer copias moi a miúdo e de poucos datos un lapis usb é suficiente.

 Tamén existe a posibilidade de facer copias por rede, enviando a información a un servidor externo de almacenaxe.

Redes

 Un test básico de redes...

1. Confirmar que todos os dispositivos están funcionando correctamente.
Acendidos e operando con normalidade.

2. No caso de redes cableadas os cables deben estar en bo estado e perfectamente conectados ás tomas correspondentes. No conector da tarxeta de rede deben acenderse dúas luces unha verde fixa (que sinala conexión) e outra intermitente verde ou laranxa (que sinala tráfico de datos).
De non ser así, probaremos con outro cable ou con outra tarxeta de rede se a incidencia persiste.

3. No caso de redes sen fíos, non deberían existir moitos obxectos físicos entre o punto de acceso e o noso equipo. Minimizar o número de paredes e evitar proximidades doutros elementos electromagnéticos son as primeiras opcións a ter en conta.

4. Se o cableado parece correcto, comprobaremos que o noso equipo está perfectamente configurado na rede. Para iso podemos revisar os nosos parámetros (enderezo IP, máscara de subrede...) na configuración de rede.
Podemos solicitar a axuda da asistencia técnica do noso provedor de acceso a Internet se o precisamos.

5. Se o problema é de acceso a recursos (cartafoles, impresoras, internet...) debemos comprobar que eses recursos están activos e funcionan correctamente con outros equipos da rede.

6. Finalmente se o problema é cunha páxina web en particular é probable que sexa un erro puntual na propia web, no navegador. Un bo consello é limpar as cookies do navegador en caso de problemas de acceso a servizos web que gardan información nosa.
Debemos ter en conta tamén que en contornos empresariais existe a posibilidade de que estea bloqueado o acceso a certos enderezos ou que algún software entorpeza a conexión, como os programas de descargas P2P.

 Debian permite acceder ás creadas en Windows mediante un protocolo chamado SAMBA. Deste xeito podemos ter indistintamente equipos Windows e Debian nunha mesma rede compartindo documentos e recursos entre eles.

 Nunha rede de computadores e equipos informáticos podemos, entre outras cousas:

• imprimir nunha impresora conectada a outro ordenador
• copiar documentos nosos noutro ordenador ou doutro ordenador no noso
• abrir e traballar á vez nun mesmo documento entre varios ordenadores
• dispoñer dun espazo común no que poder facer copias de seguridade individuais de cada equipo

 As redes de computadores facilitan o traballo a distancia, aproveitan mellor os recursos informáticos e axilizan os procesos produtivos.

configurar rede en Ubuntu





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Buscadores e procura de información

Formación Rede CeMIT

erro 0x80100013 DNIe