Internet
busca da información:
internet / intranet
(Resumo da unidade formativa UF0319 - CODIX )
Internet
Internet é unha
rede de redes interconectadas entre si de carácter global. Internet é un conxunto de dispositivos interconectados entre si.
É unha rede
informática de ámbito planetario, formada con computadores
dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información.
(cando falamos de Internet estámonos a referir a unha rede concreta)
Non debemos
confundir a Web (o servizo de navegación) con Internet
(a rede de comunicacións).
Outro exemplo de
rede puido ser FidoNet, baseada en taboleiros de boletíns BBS (Bulletin Board System).
Isto quere dicir que
Internet é un conxunto de dispositivos conectados para a
comunicación entre si mediante unha linguaxe propia. Os
dispositivos poden ser de todo tipo, pero os máis habituais son os
computadores, móbiles, reprodutores de son ou as cámaras. A conexión pode ser cableada ou pode ser por satélite, telefonía móbil ou Wi-Fi.
A World Wide Web
(WWW) ou Web é o servizo que, funcionando sobre a rede
Internet, permite a navegación por páxinas. A chegada do mundo
comercial á Web a principios do século XXI supuxo apopularización
total de Internet e que a conexión a esta rede chegase aos fogares e
non só aos espazos empresariais e universitarios.
Internet achéganos
a posibilidade de interconectar varios equipos informáticos se
pensamos nun fluxo de traballo interno e o que podemos ofrecer a
clientes e provedores dun xeito máis externo.
Así por exemplo
permítenos a comunicación entre delegacións distribuídas mediante
o uso do correo electrónico, o intercambio de documentación ou a
comunicación audiovisual entre varias persoas son ferramentas
habituais no traballo.
Poder acceder á
documentación desde calquera outro ordenador distinto do noso,
establecer unha presentación a distancia con outras persoas ou
incluso formalizar transaccións comerciais son algunhas das vantaxes
que nos ofrece Internet.
Pero Internet é
ademais unha ferramenta comercial na que poder describir, promocionar
e vender produtos e servizos a clientes reais e potenciais mediante
servizos na Web. E tamén manter as relacións con provedores,
abaratando custos e flexibilizando tempos e espazos.
Nace a mediados dos
anos sesenta dentro do departamento de defensa estadounidense, baixo
o nome de ARPANET, coa intención de poder interconectar computadores
entre si de xeito que a falta dun deles non impedise a comunicación
entre os restantes. Este concepto desenvolveuse na interconexión de
varias universidades dos EEUU medrando a súa estrutura e
desenvolvendo novas capacidades dentro do espazo académico.
A estrutura
confórmana multitude de computadores e outros dispositivos
conectados entre si formando subredes que á súa vez se conectan con
outras subredes ao redor do mundo. Para iso, faise uso dun protocolo
de comunicacións estandarizado chamado TCP/IP. Este protocolo
establece
como se nomean os
equipos conectados á rede e como se trasladan as mensaxes de
comunicación de forma estable e rápida.
Internet escindiuse
da orixinaria ARPANET nos anos oitenta e popularizouse notablemente a
mediados e finais dos 90, despois de que Tim Berners-Lee desenvolvera
o que hoxe coñecemos como World Wide Web ou WWW para o CERN (European Council for Nuclear Research) (organización Europea para investigación nuclear) en Suíza
e a rede tomase intereses máis comerciais. A comezos do século XXI
o coñecido boom das punto-com supuxo un achegamento moi importante da web e
internet á cidadanía.
Internet é só un
dos servizos que funciona sobre esa rede. Outros serían o correo electrónico ou o intercambio de ficheiros.
Rede informática:
interconexión de dispositivos, coa intención de poder intercambiar
información. A rede Internet é un exemplo de rede de computadoras
interconectadas. Tamén a telefonía fixa está estruturada en forma
de rede.
Topoloxía: a
topoloxía dunha rede é a disposición física na que se conectan os
elementos dunha rede de computadores. Existen diversos tipos de
interconexión: en forma de estrela (cada equipo se conecta
individualmente a unha máquina central), en forma de anel (cada
equipo se conecta ao seguinte até pechar
un círculo) ou en forma de bus (cada equipo se conecta a unha liña
común).
Protocolo: é
a linguaxe que se utiliza nunha rede de computadoras para comunicarse
entre elas. A información que se distribúe nunha rede de
computadoras como Internet estrutúrase no que se coñece como
datagramas ou paquetes de datos.
Existen unha serie de capas independentes pero relacionadas entre si para establecer esa comunicación informática. TCP/IP é o protocolo de comunicacións utilizado na rede Internet e na maior parte das redes locais habituais en domicilios e empresas.
Existen unha serie de capas independentes pero relacionadas entre si para establecer esa comunicación informática. TCP/IP é o protocolo de comunicacións utilizado na rede Internet e na maior parte das redes locais habituais en domicilios e empresas.
Dispositivos de rede: routers, switches ou hubs( os concentradores xa non son recomendados usalos) son dispositivos de rede aos que
os computadores se conectan e que xestionan o paso da información
entre eles distribuíndo os datos correctamente.
Cables de rede e conectores son algúns dos dispositivos físicos máis habituais á hora de conectar equipos informáticos entre si. Os módems son dispositivos que converten os sinais analóxicoss(como os usados pola telefonía tradicional) en sinais dixitais (comprensibles polas computadoras) e viceversa.
Cables de rede e conectores son algúns dos dispositivos físicos máis habituais á hora de conectar equipos informáticos entre si. Os módems son dispositivos que converten os sinais analóxicoss(como os usados pola telefonía tradicional) en sinais dixitais (comprensibles polas computadoras) e viceversa.
Unha rede de
computadores conectados entre si denomínase LAN (Local Area Network) (Rede de área local) e acostuma ser unha rede dentro dun mesmo edificio ou con menos de
200 metros entre cada un dos seus elementos. Son habituais en
contornos ofimáticos de traballo como empresas, centros de ensino,
edificios públicos. Estas redes están típicamente destinadas ao
intercambio de datos entre os
equipamentos informáticos e a compartición de recursos como
impresoras, escáneres etc.
Unha rede WAN (Wide
Area Network) son redes máis extensas que poden ocupar países ou
grandes rexións. Precisan de dispositivos de rede máis avanzados
que permitan enviar datos correctamente xa que pode haber milleiros
de equipos conectados a esa rede e precísanse, por tanto, mellores conexións que
chegan a atravesar océanos.
Protocolo TCP/IP
A linguaxe de comunicación é o que se coñece como protocolo TCP/IP e é o que se mantén común en Internet.
TCP/IP é o nome que reciben os protocolos conxuntos de transporte e rede que establecen que os paquetes de datos chegan correctamente entre un emisor e o seu destinatario.
O protocolo de comunicación TCP/IP está baseado nun modelo teórico de comunicación de 7 capas chamado OSI (Open System Interconnection), que realmente non se chegou a empregar en Internet quedando así reducido s ás 4 capas que conforman TCP/IP.
En cada nivel pódense crear modelos novos de traballo, sempre que se manteñan as conexións cara a arriba e cara a abaixo.
O modelo TCP/IP é un conxunto de protocolos das capas: física, rede, transporte e aplicación. E toma o seu nome dos protocolos máis importantes TCP (transporte) e IP (rede).
TCP/IP é o nome que reciben os protocolos conxuntos de transporte e rede que establecen que os paquetes de datos chegan correctamente entre un emisor e o seu destinatario.
Aínda que se crearon numerosos protocolos a partir deste modelo, a eficiencia de TCP/IP e o seu carácter non pechado (o ministerio de defensa estadounidense que o creou permitiu usalo a calquera empresa) fixeron que finalmente se fixese o máis coñecido e usado.
TCP/IP, na súa versión 4 só admite 4.294.967.296 enderezos ou dispositivos conectados entre si o cal é insuficiente para o gran crecemento das redes nos últimos anos.
A versión 6 xa posibilita 340.282.366.920.938.463.463.374.607.431.768.211.456 enderezos o cal equivale a 6,7 × 1017 enderezos por cada milímetro cadrado da superficie da terra.
.- capa física:
establece o tipo de compoñentes precisos para as comunicacións
(tipo de cableado, de conexións, de tarxetas de rede etc.). É
dicir, o hardware preciso para establecer unha comunicación
informática.
.- capa de rede,
que establece entre outras cousas os enderezos de orixe e destino de
comunicacións (os chamados enderezos IP). Isto permite definir
emisor e receptor da comunicación.
.- capa de
transporte que asegura que os datos enviados son correctos e
corresponden á información que tratamos de transmitir (en caso de
perdas, duplicidades, erros...). Así aseguramos a fiabilidade da
comunicación corrixindo erros, estabilizando a transmisión de
datos, etc.
.- capa de
aplicación que engloba os servizos de Internet como poden ser a
WWW, o correo electrónico, o P2P. É dicir, as aplicacións en
si, que utilizamos nós e que fan uso da rede para funcionar.
Mantendo esta
estrutura podemos crear calquera programa na capa de aplicación, que
mentres se comunique ben coa de transporte, funcionará a
comunicación perfectamente. Igualmente podemos cambiar o tipo de
cableado dunha rede por calquera outra cousa (fibra óptica,
satélite, etc.) que mentres conecte ben
coa capa de rede, o sistema manterase en perfecto estado.
É importante saber
como funcionan os protocolos de comunicación xa que nos permiten
analizar os posibles erros (nos dispositivos, na configuración, na
liña ou na aplicación).
Direccionamento
Na rede para
identificar cada dispositivo conectado a Internet este ten asignado o
que se chama un
Cando dous
dispositivos queren comunicarse entre eles deben coñecer mutuamente
eses enderezos. Existen dispositivos especiais entre eles, chamados
routers, que o que fan é dirixir correctamente a información xa que
rexistran e saben onde se atopan os elementos con eses enderezos.
Un dos problemas
deste sistema á hora de identificar os equipos é o xeito de lembrar
eses números. Para iso establecéronse os nomes de dominios que é
un xeito de identificar palabras con números.
Organización internacional: .int,
Institución educativa: .edu,
Organización comercial: .com,
Organización da rede: .net,
Institución gubernamental: .gov,
Organización militar: .mil
Por exemplo, cando
visitamos unha páxina web desde o noso ordenador como pode ser
xunta.gal realmente o que estamos é conectándonos
cunha máquina que ten o enderezo 85.91....
É semellante á equivalencia que hai entre nomes de persoas e
números de teléfono.
Para xestionar este
tipo de equivalencias entre nomes de dominio e enderezos IP creáronse
servizos especiais que son os chamados Servidores de nomes de
dominio ou DNS. O que fan estes servidores é ter unha lista de
enderezos do tipo www.paxinaweb.com e o seu correspondente enderezo
IP facendo que conectarse a equipos
en Internet sexa moito máis sinxelo e cómodo.
Non son suficientes
os enderezos existentes para conectar todos os dispositivos en
Internet.
Para resolver un
problema de limitación de enderezos IP, existen unha serie de
enderezos reservados para configurar pequenas subredes
locais, de forma que un router é o que está conectado
directamente a Internet cun único enderezo IP público e os
dispositivos que están conectados a el na subrede reciben os datos
que precisan desde fóra cos seus propios IPs aínda que se repitan
estes enderezos noutras subredes externas.
É dicir os routers
fan de mensaxeiros intermedios entregando as comunicacións
diferenciando cada un dos equipos que ten conectados.
os números dos
enderezos IP son unha representación decimal do equivalente binario
de 8 cifras, é dicir, números binarios comprendidos entre 00000000
e 11111111. No campo informático enténdese como 32 bits ou 4 bytes.
Como consecuencia
disto os enderezos IP teñen un límite teórico imposto polos
números binarios de xeito que só podería haber 232 dispositivos
conectados a Internet ao mesmo tempo (uns 4000 millóns xa que algúns
enderezos están reservados).
.- Na URL http://cemit.xunta.gal/documentos/listaxe.pdf cemit é un subdominio de xunta.gal
.- No enderezo https://cemit.xunta.gal/cursosportada/ListadoCursos identifica cada parte da URL
Subdominio: xunta
Ruta de acceso: /cursosportada/ListadoCursos,
Dominio: .gal
Subsubdominio: cemit
Método de acceso: https://
Acceso a internet
Para conectar un
equipo á rede Internet existen os ISP (Internet service provider) ou empresas provedoras
de servizos de internet. Estas
empresas, tradicionalmente as mesmas que as compañías de teléfono,
son as que nos proporcionan a conexión á rede mediante un aparato
de conexión que se instala nos nosos domicilios.
O aparato acostuma
ser un router ou un módem ao que nos conectamos de forma inarámica
ou cableada cos dispositivos do noso fogar.
Aínda que os ISP
proporcionan toda a información necesaria para manter unha correcta
conexión a Internet, debemos ter en conta varias cuestións:
• Que tipo de
conexión podemos ter no noso fogar (ADSL(Asymmetric Digital Subscriber Line), Fibra óptica, Satélite)
• Que dispositivo
nos vai proporcionar a conexión (un router ou módem por cabo de
rede, por wi-fi, por USB, etc.)
• Que parámetros
de conexión necesitamos no noso equipo informático (datos de
conexión, contrasinais, etc.)
Como facer un
diagnóstico rápido da nosa conexión
No caso de redes
cableadas os cables deben estar en bo estado e perfectamente
conectados ás tomas correspondentes. No conector da tarxeta de rede
deben acenderse dúas luces unha verde fixa (que sinala conexión) e
outra intermitente verde ou laranxa (que sinala tráfico de datos).
De non ser así, probaremos con outro cable ou outra tarxeta de rede
se é posible.
No caso de redes sen
fíos non deberían existir moitos obxectos físicos entre o punto
de acceso e a nosa antena. Minimizar o número de paredes e evitar
proximidades doutros elementos electromagnéticos son as primeiras
opcións a ter en conta.
Se o cableado parece
correcto comprobaremos que o noso equipo está perfectamente
configurado na rede. Para iso podemos revisar os parámetros de
conexión na configuración de rede.
Se o problema é de
acceso a recursos (cartafoles, impresoras, internet...) debemos
comprobar que eses recursos están activos e funcionan correctamente
con outros equipos da rede se é posible para descatar un fallo
xeral.
Finalmente se o
problema é cunha páxina web en particular é probable que sexa un
erro puntual na propia web ou co noso navegador.
Un bo consello é
limpar as cookies do navegador en caso de problemas de acceso a
servizos web que gardan información nosa. Debemos ter en conta tamén
que en contornos empresariais existe a posibilidade de que haxa un
servizo de protección, control e restrición que impida certas
conexións.
Proveedores e tipos
O máis habitual é
o uso dunha liña telefónica convencional para proporcionar sobre
ela un servizo de ADSL.
Cunha conexión ADSL
de 10 e 20 Mpbs para a baixada de datos e de 1 Mbps para a subida
sería máis que suficiente para un uso doméstico ou de pequena
empresa. Na realidade estas velocidades son máximos teóricos
difíciles de alcanzar na súa totalidade. Sinalar que aínda que
comparte a liña telefónica non impide as comunicacións de voz
podendo manter ao mesmo tempo unha conversación telefónica mentres
usamos Internet.
Outra das conexións
típicas é mediante o uso da fibra óptica, se ben isto
precisa de que se oferte ese servizo na nosa localidade. A fibra
óptica ofrece velocidades máis altas, cómo 100 Mbps de baixada
pero a súa característica principal é que a velocidade contratada
é real e non depende de distancias, saturación de liñas, etc.
A conexión mediante
a rede de telefonía móbil 3G, 4G ou HDSPA (High Speed Downlink Packet Access) é a máis habitual para
dispositivos móbiles como teléfonos e tabletas.
Teremos en conta tamén 5G
A súa principal
vantaxe é a independencia do espazo, sempre que teñamos cobertura
da compañía. As velocidades son inferiores ás anteriores pero
tendo en conta as limitacións dos dispositivos acostuman ser
suficientes para un uso non intensivo. Remarcar tamén que os custos
destas conexións son maiores que os do ADSL ou a fibra óptica xa
que acostuman limitar o consumo total de datos.
O satélite
pode ser moi útil en sitios nos que non hai acceso telefónico por
cable nin móbil. A relación prezo/calidade de conexión acostuma
ser máis baixa. Require ademais dunha instalación de antena
parabólica.
E aínda que xa está
en desuso houbo un tempo no que a conexión a Internet facíase
mediante o uso dun módem analóxico que, usando tamén a liña
telefónica (impedindo as comunicacións de voz), ofrecía accesos á
rede a velocidades moi baixas e con numerosos cortes.
Software
para a conexión a
Internet dependemos do tipo de dispositivo que nos dea o provedor de
acceso.
Se a conexión se
fai mediante un módem USB necesitamos que o noso dispositivo sexa
detectado correctamente polo sistema operativo de forma automática
ou mediante os programas que nos proporcione o ISP.
Porén, o máis
habitual será unha conexión por cabo de rede ou por Wi-Fi.
Afortunadamente a
maior parte dos sistemas operativos de usuario actuais incorporan o
protocolo TCP/IP polo que a conexión debería limitarse a conectar o
cabo no primeiro caso e conectarse á rede sen fíos no segundo.
No caso das redes
sen fíos, existen varios tipos de protección da nosa conexión que
difiren na dificultade de acceso por terceiras persoas, se non
dispoñen dos contrasinais apropiados.
As tipo WEP (Wired Equivalent Privacy) e WPA (Wi-Fi Protected Access) son inseguras pólo que non se aconsella o seu uso.
De ser posible, se
temos unha rede Wi-Fi, trataremos de establecer a protección WPA2 que ofrece suficiente robustez para un uso doméstico ou de pequena
empresa.
O sistema DHCP polo
cal o propio router configura o noso ordenador de forma automática.
Este sistema acostuma a ser habitual nos dispositivos entregados
polos provedores de servizos.
Ética
En 1986 publícase o
artigo titulado Four Ethical Issues of the Information Age escrito
Richard Mason. Nel sinalábanse catro cuestións principais a ter en
conta:
a privacidade e intimidade, a precisión e exactitude, a propiedade intelectual, e o acceso á información.
a privacidade e intimidade, a precisión e exactitude, a propiedade intelectual, e o acceso á información.
A privacidade e a
intimidade dos nosos datos é algo que debemos coidar.
Aínda que pensemos
que somos anónimos na nosa conexión a Internet deixamos numerosas
pegadas das nosas accións e somos responsables dos nosos actos. É
importante manter certo control sobre a información que
proporcionamos en Internet e asegurarnos de con quen compartimos
certos datos.
A confianza na
precisión da información, aínda que cuestionada debido á
saturación de fontes de datos, é algo que debemos coidar.
Asegurarnos de que falamos con quen queremos e que obtemos datos
fiables é moi importante á hora de garantir a calidade das
comunicacións.
A propiedade
intelectual dos datos que xeramos sempre é nosa e, do mesmo xeito,
de quen xera a información que consumimos. Debemos pensar que, con
independencia de lexislacións específicas, existen convenios
universais como os dereitos humanos que xa recollen cuestións a este respecto.
O acceso universal á
rede é a gran eiva (deficiencia) que aínda queda por romper no que atinxe á
conexión a Internet. Aínda que se están facendo grandes avances no
que son as instalacións técnicas de acceso a esta rede aínda
queda moito traballo na alfabetización social no uso desta
ferramenta.
Seguridade
debemos distinguir
entre a seguridade externa, que atinxe á protección da rede
informática, e a seguridade interna, máis vinculada á defensa en
aplicacións, usos de internet.
En canto á
seguridade da nosa rede, dous son os dispositivos máis habituais as
devasas (ou firewalls) e os proxies.
Unha devasa (firewall) é un sistema que filtra todo o tráfico dunha rede e
establece regras en canto ao paso ou non de datos, isto permite
evitar accesos non desexados ás nosas computadoras ou que nós
poidamos acceder a outras. Funciona como unha barreira de protección
e sería o equivalente a poñer portas con chave nas casas.
Un proxy
tamén é unha aplicación de supervisión dos datos nunha rede, pero
o seu cometido é analizar o tráfico de datos que circula e
establecer un punto intermedio de control desa información. Un dos
exemplos máis habituais son os proxies web que detectan a que tipo
de páxinas accedemos podendo bloquear
certos enderezos específicos.
En canto á
seguridade interna podemos falar de virus, troianos, phishing, etc.
Un virus é
unha aplicación informática cuxo obxectivo é danar os nosos
sistemas ben por perda de datos, inutilización do equipo, etc.
Debido a que non é posible prever a creación dun novo virus é
importante manter actualizado o software para que poida defenderse de
posibles contaxios.
Un troiano é
unha programa que abre o acceso a terceiras persoas para o control do
noso equipo. Así é posible que roube información, suplante as
nosas accións ou execute programas para fins ilícitos.
O phishing consiste en utilizar técnicas de enxeñería social para obter
información nosa sen o noso consentimento. Un dos casos máis
habituais é o dos correos electrónicos que simulan unha entidade
bancaria solicitando os nosos datos de acceso.
O principal
mecanismo para evitar un mal uso da rede é a educación e a
formación, porén existen tamén mecanismos para gardar un maior
control dos accesos a determinados contidos.
Existen navegadores
web deseñados especificamente para menores que ademáis de ser máis
atractivos detectan e bloquean certas páxinas ou partes de páxinas
con información non apropiada.
Alén disto, existen
aplicacións específicas como poden ser as que controlan as páxinas
visitadas a nivel de sistema operativo ou a nivel de navegador web.
Calquera destas ferramentas require dunha revisión previa por parte
de adultos que configure e adapte segundo corresponde (control parental).
Un exemplo sería
Youtube Kids
Navegación
Creada por Tim Berners-Lee a principios dos anos 90 a World Wide Web ou web é un
conxunto de documentos, orixinalmente en linguaxe html, espallados por
máquinas ao redor do planeta e accesibles a través do que chamamos
cliente ou navegador web e que se executa nun dispositivo conectado á
rede internet.
A linguaxe HTML
(HyperText Markup Language) é a que define como están formados eses
documentos que interpretan os navegadores. Consiste en texto
etiquetado que determina cada elemento e como se reproduce a súa
visualización no navegador.
Este é un exemplo
de código dunha páxina web moi simple:
<html>
<body>
O contido do
elemento body amosarase no seu navegador.
</body>
</html>
As etiquetas <html>
e </html> especifican onde comeza e onde remata o documento
html e <body> e </body> o contido que se amosará no
navegador.
Isto permite crear
contidos máis atractivos visualmente, máis dinámicos na súa
xestión e máis adaptables ás necesidades das persoas usuarias.
un navegador
ou cliente web é unha aplicación informática destinada a
visualizar páxinas web. Mosaic foi un dos primeiros e máis famosos,
seguido do Netscape Navigator.
Outros navegadores
son Google Chrome, Internet Explorer, Edge, Mozilla Firefox, AppleSafari ou Opera.
A elección entre
uns e outros vén determinada pola súa dispoñibilidade para o noso
sistema operativo (Internet Explorer foi deseñado para Microsoft
Windows), a adaptación aos estándares da web (Mozilla Firefox é un
dos navegadores que permiten maior compatibilidade con calquera tipo
de páxina web) ou a velocidade de carga das páxinas (Google Chrome
presume de ser dos navegadores máis
rápidos).
Algún dos conceptos
que debemos coñecer son:
http: é o protocolo
de navegación web utilizado sobre a rede Internet para poder
visualizar as páxinas e navegar entre elas.
html: é a linguaxe
utilizada nas páxinas web e que permite a visualización dos
contidos e a interactividade con eles.
url: é o enderezo
completo dunha páxina web, como por exemplo
http://www.concellodecuntis.es.
Ligazón ouhipervínculo: é cada un dos elementos dunha páxina web que ligan
con outras páxinas e nos permite navegar entre os contidos.
Navegación
Os navegadores web
presentan estes elementos:
• A barra de menús
na que se organizan todas as accións da aplicación, como por
exemplo gardar a páxina, imprimila ou buscar texto dentro dela, permitíndonos acceder a todas as funcións do noso navegador web.
• A barra de
navegación na que se escribe o enderezo web que queremos visitar,
incluíndo botóns de navegación cara a atrás ou de recarga.
• A barra de
favoritos onde se organizan algunhas das páxinas de acceso máis
frecuente. Aquí podemos engadir ou quitar as nosas páxinas
favoritas.
• Separadores para
cada unha das páxinas web que esteamos visitando.
• O espazo máis
amplo é o destinado á propia páxina web.
• Na barra de
estado amósase información sobre o proceso de carga da páxina e
información adicional sobre esta. Aquí aparece o estado de carga das páxinas web en formato de barra de progreso e tamén, cando situamos o punteiro do rato sobre unha ligazón, o enderezo ao que nos levará o navegador se prememos.
As máis importantes
dentro do menú Ficheiro son a posibilidade de gardar a páxina
localmente, para poder vela con posterioridade, ou a función de
impresión para ter o seu contido en formato papel.
No menú Editar
facilítasenos, entre outras cousas, poder buscar texto dentro dunha
páxina web o cal resulta moi útil en páxinas con abundante
contido.
O menú Ver
permite modificar o comportamento do noso navegador e non só engadir
e quitar elementos visibles da aplicación senón tamén aumentar o
tamaño da páxina se temos dificultade á hora de ler o seu contido.
O Historial
garda información das páxinas visitadas recentemente, podendo
recuperar un enderezo que non lembremos se sabemos aproximadamente
cando visitamos esa páxina con anterioridade.
Os navegadores web gardan un historial de todas as páxinas visitadas.
Deste xeito podemos volver atrás no historial da nosa navegación cando queiramos regresar á páxina previa que estabamos visitando ou recargala, no caso de que a conexión a Internet se interrompa ou de que a páxina que visitamos poida actualizar os seus contidos (como pode ser a portada dun xornal).
O uso do historial facilítanos a localización das páxinas que visitamos con anterioridade, pero tamén permite analizar os nosos hábitos de navegación e coñecer cales son as webs que visitamos máis a miúdo.
O xestor do historial de Firefox permítenos organizar as nosas páxinas visitadas e tamén buscar na nosa navegación se o que queremos é localizar algunha páxina xa vista con anterioridade.
En chrome accedemos ao historial pulsando as teclas "Ctrl" + H ou tecleando chrome://history/
Se facemos usos de navegadores en equipos compartidos ou lugares públicos é recomendable borrar o historial de navegación para evitar que outras persoas coñezan cales foron as páxinas que visitamos.
Os Marcadores
facilitan a organización das páxinas web que visitamos con máis
frecuencia. Podemos engadir as páxinas premendo en Marcar esta
páxina e organizar os nosos favoritos en cartafoles segundo os nosos
criterios.
Gardar unha páxina como favorita non a descarga no noso computador,
simplemente garda o enderezo para poder visitalo posteriormente.
En Ferramentas
podemos configurar e ver opcións do noso navegador máis avanzadas
das que poderiamos destacar a posibilidade de instalar engadidos no
caso de Firefox, que permiten obter novas funcionalidades na
aplicación.
O menú Axuda
incorpora toda a información sobre o manexo da aplicación e é moi
útil se queremos saber máis sobre o seu funcionamento.
É importante non
confundir un buscador de páxinas web, como pode ser Google con
buscar contidos dentro dunha páxina web.
Esta última opción
permite localizar termos escollendo a opción dentro do menú Editar
ou premendo a combinación de teclas Ctrl + F.
En xeral as imaxes
ocupan moito máis, en tráfico de datos, que o texto. Por ese
motivo, se a nosa conexión a Internet é lenta ou temos limitacións
á hora de descargar datos, podemos desactivar a carga automática
das imaxes desde as preferencias do noso navegador.
exemplo: buscar imaxe
Se o que queremos é
gardar algunha das imaxes dunha web para a nosa consulta posterior ou
para un uso privado da mesma, podemos premer co botón dereito do
rato sobre ela e escoller a opción que máis nos conveña:
Ver a imaxe:
Abre unha nova lapela só co contido da imaxe.
Copiar a imaxe:
Copia a imaxe para poder pegala logo nun documento, por exemplo.
Copiar a
localización da imaxe: Copia a ligazón (URL) da imaxe para inserila
noutro espazo.
Gardar imaxe
como...: Permite gardar a imaxe localmente no cartafol escollido.
Enviar a imaxe por
correo...: Abre o noso cliente de correo para enviar esa imaxe por
email.
Establecer como
fondo de escritorio...: Coloca a imaxe como fondo do espazo de
traballo.
Ver a información
da imaxe: Amosa datos sobre tamaño, dimensións, formato, etc.
Inspeccionar
elemento: Fai unha análise do código html que leva a imaxe.
O manexo de imaxes
nas páxinas web visitadas debe xestionarse sempre dentro dos
permisos proporcionados polas persoas posuidoras dos dereitos das
mesmas e do uso que vaiamos facer.
En ocasións certas
webs protexen as imaxes e non nos permiten premer co botón dereito
para descargalas. Nesa situación unha alternativa é facer unha
captura de pantalla do noso escritorio.
Dente o teclado, o mesmo resultado que pulsando o botón dereito do rato é posible pulsando as teclas
Tamén é posible pulsando a tecla: (Está á dereita de "Alt Gr")
Para gardar
unha páxina web podemos seleccionar o texto que nos interese para
posteriormente copialo e pegalo nun documento no noso procesador ou
no caso de imaxes, premer co botón dereito e escoller a forma de
gardala.
Se o que queremos é
gardar a páxina web na súa totalidade, podemos escoller no menú
Ficheiro -> Gardar páxina como... e seleccionar un cartafol onde
se almacenará o ficheiro html que contén a páxina. Ese ficheiro
podemos editalo cun procesador de textos pero dependendo do tipo de
contido pode que este non sexa lexible ou útil.
Por exemplo, se
gardamos unha páxina cun vídeo de Youtube, poderemos ver parte do
código pero non gardaremos tamén o vídeo que conteña.
A outra opción
consiste en utilizar os Marcadores, se non precisamos
almacenar os datos no noso computador e simplemente queremos
consultar a información de vez en cando.
Debemos resaltar que
non todo o contido que está dispoñible en Internet é de dominio
público, é dicir, a información normalmente está suxeita a
dereitos de propiedade polo que deberemos ter coidado co uso
da información que fagamos e sobre todo cando non temos a
propiedade.
Vender unha imaxe de
terceiras persoas como se fose nosa, pode ser delito.
Podemos clasificar
os buscadores de páxinas web en base a multitude de factores.
Se buscamos por
palabras chave, por conceptos ou por algúns termos
particulares, os buscadores xenéricos son unha boa opción.
Existen ademáis o que se coñece como metabuscadores, que
ofrecen o resultado conxunto de varios buscadores ao mesmo tempo.
Se
queremos buscar información dentro dun xornal, por exemplo, sempre é
recomendable usar o seu propio buscador interno. Os buscadores
das propias páxinas poden axudar á hora de localizar información
contida nese sitio, restrinxindo así os resultados que puidera
ofrecernos calquera outro buscador máis xeral.
Non debemos desbotar
o uso do buscador do propio navegador que nos permite atopar
información localizada dentro da propia páxina web que estamos
visitando. Isto é moi útil cando buscamos algún detalle particular
nun contido extenso.
Por exemplo, podemos usar un buscador xeral para
obter a bibliografía de certo escritor e logo o buscador do
navegador para localizar algunha obra en particular.
O buscador dedícase
a analizar os contidos das páxinas webs públicas que están
colgadas na rede. De cada unha delas extrae a información máis
relevante (palabras chave) e garda os resultados nas súa
propia base de datos. Esa información obtense do propio texto da
web, de como estea codificada a web en html e de datos adicionais que
poidan obterse de documentos, imaxes ou outros ficheiros que poidan
existir nesa páxina.
Unha vez obtida a
información é contrastada con datos semellantes previos obtidos
doutras páxinas web que puidesen tratar do mesmo e asígnaselle un
valor á páxina, que depende da súa relevancia, da súa construción
e de moitos outros factores.
Cando escribimos
palabras na caixa de busca Google devólvenos unha orde das páxinas
que foron catalogadas con eses mesmos conceptos seguindo criterios
como os descritos anteriormente. É importante, polo tanto, que
escollamos ben esas palabras e que as ordenemos por prioridades.
Por este motivo,
antes de lanzarnos a buscar algo é importante facer unha boa escolla
das palabras que imos utilizar para evitar contidos que non nos
interesen e tratar de optimizar así os resultados.
Hai que ter en conta
que a faceta comercial da web ofrece, en ocasións, máis relevancia
aos produtos ou servizos comerciais que a outros conceptos.
Por exemplo, se
buscamos "coche" é probable que obteñamos máis
resultados sobre vendas de coches e todos os produtos relacionados
que información xeral sobre o mundo do automóbil.
Así pois, antes de
iniciar unha busca sen criterios, debemos reflexionar sobre o tipo de
contidos que queremos obter.
É importante ter en
conta o tipo de información que queremos e adecuar a páxina de
busca a este obxectivo. Se queremos información dunha nova podemos
utilizar o buscador dun xornal ou se queremos información dun
produto podemos usar a propia páxina do fabricante, por exemplo.
Se estamos
interesados nun determinado tema e queremos obter páxinas sobre esta
cuestión podemos preferiblemente recorrer a un directorio de webs.
Se o que queremos
facer é unha busca máis xeral podemos usar entón un buscador
xenérico e utilizar certas palabras chave.
Algo que deberiamos
ter en conta é que esas palabras chave sigan unha orde natural xa
que non é o mesmo buscar "telefonía comercial" que
"comercial telefonía". No primeiro caso os
resultados oriéntanse máis ás empresas e no segundo a traballos.
Debemos eliminar nas
nosas buscas os artigos, determinantes ou preposicións salvo que
sexan relevantes no texto.
Por exemplo,
"intelixencia cousas" non ofrece os mesmos resultados que
"a intelixencia das cousas" o cal pode ser relevante en
determinados contextos como a busca de títulos de obras artísticas.
Imos destacar
algunhas características importantes:
• Se a palabra
comeza cunha letra maiúscula buscarase a palabra exactamente como
está escrita, de non ser así búscase indistintamente en maiúscula
ou minúscula.
• Se o texto que
queremos buscar está entre comiñas ("texto a buscar"),
amósanse páxinas que conteñan exactamente esa cadea.
• Se unha das
palabras da busca leva un trazo diante (-palabra), os resultados son
webs que inclúan as outras palabras pero non estas que comezan cun
trazo.
• Se queremos
buscar dentro dunha web en concreto podemos finalizar a cadea de
busca con site:www.paxinasweb.com restrinxindo así a busca a ese
dominio dado.
Tamén temos a posibilidade de facer búsquedas avanzadas.
Tamén podemos facer
operacións aritméticas básicas como se se tratase dunha
calculadora
Se, por exemplo, escribimos 76+79 ou 123*456 o buscador amosaranos o resultado desa operación, ademáis
dalgunha páxina que teña relevancia con esa operación.
Vínculos
Na actualidade é
habitual ver páxinas moi dinámicas, que cambian o seu
contido segundo a nosa interacción con elas e que inclúen audio e
vídeo, por exemplo. Aínda así unha web non deixa de ser un documento en
formato html que liga a outros documentos ou ficheiros.
De feito, ese
concepto de hipertexto é o máis salientable da navegación
web, é dicir, a posibilidade de ir saltando dos contidos dunha
páxina a outra.
O máis importante
que debemos coñecer da nosa navegación é como se comporta o rato
ante determinados elementos da páxina. De modo xeral o punteiro do
rato pode ter forma de man ou de frecha.
No segundo caso o
funcionamento do rato no noso navegador é igual que con calquera
outra aplicación,
limitándose a poder seleccionar opcións en menús ou premer botóns.
Porén, cando o punteiro do rato se transforma nunha man, quere dicir
que se prememos co botón esquerdo o navegador levaranos a unha nova
páxina web normalmente sinalada pola imaxe ou texto sobre o que
premamos.
O punteiro tamén
pode ter forma de cursor cando se sitúa sobre unha caixa, na web, na
que debamos introducir texto ou sobre o propio texto da web,
permitíndonos marcar e copiar o seu contido.
Debemos ter moito
coidado á hora de premer sobre imaxes de falsos botóns ou outros
compoñentes que amosan o punteiro en forma de man, xa que poden
iniciar programas ou levarnos a webs non desexadas que comprometan a
seguridade do noso computador.
Cómpre destacar que
é unha boa práctica no deseño web dar accesibilidade á
páxina facilitando a navegación a persoas con mobilidade reducida,
pouca visión ou calquera outra discapacidade. Existen páxinas que
poden navegarse co teclado ou con dispositivos especiais para estes
colectivos, como os lectores de webs para persoas con dificultades de
visión.
Para ver exemplos de
webs accesibles pulsar a seguinte ligazón
Marcadores
Existe a
posibilidade de gardar os contidos dunha web no noso disco gardando a
páxina. Pero este procedemento non é o óptimo se as páxinas
cambian o seu contido dinamicamente, como por exemplo as de predición
meteorolóxica.
Para este cometido
creáronse os Marcadores ou os Favoritos. Os marcadores son un
índice de ligazóns creado por nós e que almacena as ligazóns a
aquelas páxinas que máis nos interesan.
O historial do navegador garda os enderezos de todas as páxinas que visitamos
de xeito automático.
Cos marcadores
podemos facer nós mesmos unha selección e sinalar aqueles enderezos
máis importantes para poder recuperalos rapidamente no futuro.
Funciona como unha axenda de enderezos web.
Ademáis o navegador
incorpora unha barra de marcadores que é un espazo onde poder
acceder directamente a webs de uso frecuente. Esta barra sitúase
entre a barra de navegación e os separadores, proporcionando un
xeito rápido de carga para as webs ás que máis accedemos.
Os marcadores
permítennos engadir enderezos e categorizalos en cartafoles segundo
os nosos propios criterios. Así constrúese o noso propio
directorio a modo de axenda para poder localizar no futuro aqueles
enderezos de interese que visitamos con anterioridade. Organizar os
marcadores é o xeito de mover e estruturar as nosas páxinas segundo
os cartafoles que nós queiramos. Por exemplo, podemos establecer un
cartafol de marcadores de novas de xornais, de páxinas de ofertas de
emprego, dos grupos musicais favoritos, etc.
Firefox tiña os
Marcadores dinámicos. Certas páxinas web que cambian a miúdo
de contido como blogues, foros de novas, xornais etc. incorporan un
xeito distinto de ver a información. É o que se coñece como RSS
ou sindicación de contidos. Este formato facilita a lectura da información unificándoa e ordenándoa.
Por exemplo: DOGA Museos de Galicia
Os marcadores dinámicos axilizaban a subscrición a estas páxinas, sinalando os novos contidos que aparecían nas webs.
Impresión
Á hora de imprimir
os contidos dunha páxina debemos valorar a información que contén.
Debemos ter en conta que vídeos, sons, animacións ou espazos de
interactividade non se amosarán correctamente na impresión.
De feito, debemos
ter en conta que só o texto e as imaxes serán amosados
correctamente durante a impresión. En calquera caso, poder
previsualizar o resultado final é moi importante para poder
axustar o resultado aos nosos intereses. As columnas laterais, as
cabeceiras ou os pés de páxina poden descolocar ou modificar a
información que nos interesa.
Desde o menú
ficheiro escolleremos a opción Imprimir, onde podemos sinalar
se queremos ou non incluír as imaxes ou cores de fondo que poidan
existir.
Debemos ter en conta
que, en ocasións, pode ser aconsellable imprimir as páxinas de
forma horizontal en lugar da vertical usual. Taméń podemos valorar
a opción de imprimir en branco e negro en lugar de cor, se a web
dispón de moitas imaxes ou caixas de cor.
En ocasións resulta
máis eficiente copiar o texto ou imaxes que nos interesa noutro
documento, en lugar de imprimir a propia páxina que estamos
visitando.
Debemos ver sempre
se a páxina sinala algún tipo de optimización de impresión, como
poden ser os artigos de xornais, xa que iso nos prepararía o
resultado de forma optimizada.
Para ver web
optimizadas para impresión pulsar na seguinte ligazón
Caché
Para optimizar a
navegación e mellorar os tempos de carga das web existe o concepto
de caché web. Este mecanismo consiste en gardar certos
contidos das páxinas para que, nun acceso posterior, non haxa que
descargar de novo toda a información xa que parte dela atópase xa
no noso computador.
Por exemplo, se
accedemos con frecuencia a un xornal é habitual que cambie a
información central coas noticias, porén a cabeceira da páxina co
nome do xornal ou algúns apartados frecuentes como a sección de
contacto non varía con tanta frecuencia.
Deste xeito o
navegador garda certos contidos da páxina e así só precisa obter
os cambios novos aumentando polo tanto a velocidade de carga das
webs.
A configuración
deste almacenamento interno depende do noso navegador e tamén da
propia páxina web e pode resultar un arma de dobre fío xa que pode
que nalgunhas situacións non esteamos vendo a última versión da
páxina web senón a que tiñamos nós almacenada no noso computador
Se queremos forzar a
eliminar deste almacenamento temporal para que o navegador teña que
descargar todo o contido da web de novo, podemos acudir ás
preferencias e na sección Opcións avanzadas -> Rede
atopamos o apartado Contido web en caché e o botón Limpar
agora.
tamén podemos
axustar que tamaño de disco imos destinar a este almacenamento
temporal.
Cookies
As cookies son
pequenos ficheiros con información que xeran os sitios web que
visitamos e que se gardan no noso computador. A súa utilidade é a
de almacenar información relevante sobre a nosa navegación que
poida ser útil en futuras visitas. Por exemplo, unha web pode gardar
información sobre a lingua na que usamos unha páxina para que nas
seguintes visitas se amose directamente nese idioma.
A información que
se garda nas cookies é información que se obtén da nosa navegación
e non de "inspeccionar" o noso equipo, polo que non
deberiamos desconfiar. Aínda así, podemos desactivar o seu
almacenamento de forma específica para certas páxinas ou incluso de
forma xenérica.
O uso de cookies
tamén pode producir pequenos erros de navegación xa que por exemplo
unha plataforma de formación pode gardar información da nosa sesión
de traballo de forma incorrecta, impedindo que poidamos acceder de
novo tras pechar o navegador. Neste tipo de situacións ou cando
atopamos certos erros específicos con cookies que a propia páxina
amose, podemos eliminar as mesmas para que a nosa visita se considere
como "nova".
Para eliminar as
cookies acudimos á sección Privacidade das Preferencias
e prememos en eliminar as cookies de xeito individual,
onde podemos escoller as páxinas das que queremos borrar esa
información.
Tamén podemos facer
unha escolla selectiva sinalando se aceptamos ou non cookies e
durante canto tempo xa que esta é unha das informacións almacenadas
no seu interior. As cookies teñen unha caducidade para "obrigar"
á web a reescribila de novo se é necesario.
Niveis de seguridade
Na sección Privacidade e Seguranza das Preferencias, Firefox permite bloquearas páxinas que traten de instalar contidos non desexados. Tamén
contén un filtro propio de seguridade que alerta das webs perigosas
ou que suplantan outras.
Unha cuestión moi
sensible que afecta ao acceso a páxinas con usuario e
contrasinal é o almacenamento destas credenciais. O navegador
pode gardar internamente eses datos para que, nunha visita posterior,
non teñamos que introducilos de novo. Se facemos uso deste tipo de funcionalidades
debemos ter en conta se somos as únicas persoas usuarias do
computador ou se alguén máis pode acceder, xa que comprometeríamos
a seguridade.
De ser necesario,
Firefox, permite establecer un contrasinal mestre que bloquee as
credenciais de cada web de xeito que só cando introducimos ese
contrasinal mestre, se autocompleta o nome de usuario e contrasinal
específico da web.
Podemos consultar
algúns navegadores seguros e información relacionada coa seguridade
para menores no enderezo is4k
Comentarios
Publicar un comentario