Iniciación á informática
Sistema operativo (Resumo da unidade formativa UF0319 - CODIX ) A informática nace co obxectivo de simplificar o tratamento da información. É dicir, a sistematización que ofrece a informática no tratamento de datos permite procesar un elevado número de información de maneira automatizada . A informática enténdese como a ciencia que estuda o desenvolvemento e as funcionalidades dos computadores e de calquera tipo de tecnoloxía que permita sistematizar o tratamento de datos e realizar tarefas de modo automático. Arredor do 3.000 a.C inventouse o ábaco que pode considerarse o máis antigo instrumento de cálculo. Xa nos séculos XVII e XIX se construíron máquinas máis sofisticadas pero é nos comezos do século XX cando se empeza a investigar a aplicación da enerxía eléctrica para facer máquinas de cálculo máis complexas. A informática é o resultado dunha longa historia de investigacións e avances ao longo do tempo. Para que un computador funcione son imprescindibles este...