(Resumo da unidade formativa UF0319 - CODIX ) o protocolo de transferencia de ficheiros, coñecido como FTP , data dos anos oitenta. A descarga e intercambio de ficheiros entre pares ou P2P ( Peer-to-peer ) é máis recente. A transferencia de ficheiros mediante o protocolo ftp é un modo cómodo de trasladar información entre máquinas. Este protocolo está pensado para a transmisión de ficheiros entre unha orixe e un destino, non debemos confundilo cun sistema P2P ( intercambio entre pares) FTP son as siglas de File Transfer Protocol ou Protocolo de Transferencia de Ficheiros e, como o protocolo http da web, funciona sobre a rede Internet permitindo o intercambio de ficheiros de xeito cómodo e rápido. O FTP é un sistema moi sinxelo de intercambio de ficheiros co que podemos descargar ou subir un ficheiro informático a unha máquina conectada á rede. Aínda que a maior parte dos usuarios e usuarias...