Para darse de baixa dun servizo de SMS Premium temos que enviar unha mensaxe, coa palabra BAJA ao número do que proceden as mensaxes. Para solicitar a devolución dos importes facturados indebidamente por este servizo, ao que non se deu de alta conscientemente polo usuario, temos que presentar unha reclamación. Para presentar unha reclamación ante a Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións o usuario ten que reclamar primeiro ao seu operador de telefonía móvil por vía telefónica, a través de internet, por correo postal, ou nas súas oficinas comerciais. Unha vez presentada a reclamación na operadora, ésta estará obligada a facilitarnos un número de referencia que permitirá verificar o día da solicitude de baixa e ter constancia da mesma. Pode facerse seguindo os pasos que atoparemos na seguinte ligazón: Reclamacións na Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións Guía facua servizos telecomunicacións Cómo desactivar SMS Premium...