Renovar contrasinal e certificados do DNI electrónico
Para verificar, cambiar contrasinal ou renovar os certificados do noso DNI electrónico deberemos acudir a un Punto de Actualización do DNIe, situados nas dependencias da Policía Nacional.
Estes terminais dispoñen dunha pantalla (1), lector para o DNI electrónico (2), un lector de pegada dixital (3) e un teclado (4)
O primeiro que teremos que facer será introducir o noso DNI electrónico no lector.
(Na pantalla principal xa contamos cun asistente para ir guiándonos. Ademáis na esquerda da pantalla temos tamén unhas guías de axuda sobre cómo acceder e cómo usar o rato)
A continuación teremos que esperar a que o terminal remate de comprobar o noso DNIe
Unha vez feita a comprobación teremos que teclear o contrasinal que temos no noso DNIe.
(Se non nos lembramos do contrasinal poderemos comezar a solicitude dun novo contrasinal)
Tal cómo se nos indica en pantalla o noso contrasinal ten que ter unha lonxitude mínima de 8 caracteres e máxima de 16, e recoméndasenos o uso combinado de maiúsculas, minúsculas, números e caracteres especiais, mostrándonos na parte inferior da pantalla os caracteres permitidos.
Para teclear o contrasinal dispoñemos dun teclado con toda a súa funcionalidade.
Cómo se pode ver na imaxe, o rato para mover o cursor na pantalla é tipo trackball
Unha vez que nós pulsemos no botón "Aceptar" o terminal solicítanos que coloquemos o noso dedo índice da man dereita no lector de pegada dixital, tal como se amosa na seguinte pantalla, o cal NON debemos retirar ata que nos sexa indicado.
Se previamente fixemos unha renovación do contrasinal amosarase unha pantalla confirmándonos que xa temos un novo contrasinal correctamente establecido.
Na parte esquerda da pantalla temos o menú con todas as opcións que podemos facer.
Só temos que escoller a opción desexada.
Se os certificados do noso DNIe están caducados teremos a correspondente notificación en pantalla e a posibilidade de renovalos escollendo a opción correspondente.
De novo teremos que colocar o noso dedo índice da man dereita no lector de pegadas dixitais
A renovación pode tardar ata uns minutos en completarse polo que teremos que esperar a que remate dita renovación, da cal seremos informados mediante a seguinte pantalla:
Poderemos así comprobar a data de validez dos nosos certificados actualizada
Exemplo DNIe Lectura Datos - APP exemplo de programación para persoas programadoras
Comentarios
Publicar un comentario