SERGAS
Para pedir Cita de Atención Primaria no SERGAS pulse na seguinte ligazón:
1.- CUBRIR OS DATOS DE QUEN SOLICITA A CITA
Se escollemos o primeiro modelo de tarxeta deberá aparecernos a seguinte lapela:
Comezamos entón a cubrir os datos da tarxeta:
Deberemos de poñer, en formato numérico, o decenio do ano de nacemento, o mes e o día.
Na tarxeta de exemplo mostrada na imaxe da esquerda estanos a indicar que esa persoa naceu o 20 de Outubro do ano 1963
(Se a data e/ou mes de nacemento é menor que 10 entón poñeremos un cero diante)
Por exemplo, unha persoa que nacera o 1 de Abril do 1961 deberá poñer: 610401
61 porque naceu no ano 1961
04 porque naceu no mes de Abril
01 porque naceu o día 1
.- A continuación poñemos a primeira letra do primeiro e segundo apelido

Na imaxe de exemplo da tarxeta da esqueda estanos a indicar que o primeiro apelido desa persoa comeza por O e o segundo apelido comeza por P
.- Agora debemos poñer as segundas letras do primeiro e segundo apelidos
Na tarxeta de exemplo estanos a indicar que a segunda letra do primeiro apelido é T e a do segundo apelido é A
Neste caso, o primeiro apelido da persoa sería OT e o segundo apelido PA, polo que podería apelidarse Otero Pazos, por exemplo
.- A continuación poñeremos en formato numérico un cero se a tarxeta pertence a unha muller e un 1 se a tarxeta pertence a un home
A tarxeta do exemplo pertence a unha muller, polo que debemos poñer un 0
.- Rematamos de cubrir a primeira fila cos 3 últimos díxitos do CIP (Código de Identificación do Paciente)
No exemplo estásenos a indicar que é 018
.- Agora poñemos os 2 primerios números do noso número de afiliación á Seguridade Social
.- Finalmente poñeremos o resto dos números do noso número de afiliación á Seguridade Social.
Na tarxeta do exemplo estamos a ver que é 1234567890
.- unha vez rematemos de cubrir todos estes datos xa poderemos pulsar no botón "seguinte" para continuar co proceso de solicitude.
2.- Agora temos que seleccionar se queremos solicitar unha nova cita ou se queremos consultar/modificar ou borrar unha cita que xa teñamos solicitada previamente.
3.- SOLICITAR UNHA NOVA CITA
Para solicitar unha nova cita debemos premer en "SOLICITUDE DE CITA"
A continuación temos que seleccionar a/o profesional para a/o que desexemos solicitar a cita.
Se prememos en "MEDICINA DE FAMILIA", darásenos a elexir entre as 3 seguintes opcións:
CONSULTA: Solicitude de consulta por enfermidade.
RECEITA: Solicitude de consulta para emisión de receitas.
RENOVACIÓN PRESCRICIÓN IT - ALTA IT: Alta ou renovación da prescripción IT
Unha vez teñamos seleccionado o tipo de cita que precisemos pulsaremos en "seguinte" para continuar.
Agora temos que seleccionar a data e hora desexada:
A data escollerémola entre os días dispoñibles que se nos ofrecerán na lista despregable.
A hora escribirémola nós en formato numérico.
Por exemplo, se nos gustaría ser atendidos ás doce e cuarto teríamos que teclear 12 no primeiro cadro e 15 no segundo cadro.Pulsaremos "seguinte" para continuar.
Na seguinte lapela informarásenos das horas dispoñibles e teremos que escoller nós a que prefiramos entre as que se nos propoñen.
Se desexáramos ser atendidos telefónicamente deberíamos pulsar en "Considero que podo ser atendido telefónicamente" e escribir en formato numérico o número de teléfono onde nos chamarían.
Unha vez seleccionada a hora desexada, deberemos confirmar a cita.
Comentarios
Publicar un comentario