cómo tramitar a Vida Laboral en liña

 1.- Accedemos á páxina web oficial da Seguridade Social

2.- Seleccionamos na sección "O máis visto" a ligazón de "Informe de vida laboral"



3.- seleccionamos o método de acceso, por exemplo "Certificado electrónico"


3.1.- Se o noso certificado electrónico é correcto aparecerá a seguinte ventana, co noso nome e apelidos. Só temos que pulsar no botón "Aceptar"

O certificado electrónico terá que estar previamente instalado ou deberemos ter o noso lector de DNI electrónico conectado ao ordenador e co DNI dentro, por exemplo


 3.1.2.- A continuación teremos que introducir o noso PIN (Contrasinal) do noso Certificado Electrónico




3.2.- Se non queremos utilizar o DNIe ou certificado electrónico e preferimos escoller "Cl@ve" apareceranos a seguinte páxina:

(unha das opcións segue a ser DNIe / Certificado Electrónico)


3.2.2.- se escollemos "Cl@ve permanente" teremos que indicar o noso dni e contrasinal asociado a dita conta. Se aínda non temos a alta solicitada, teríamonos que rexistrar primeiro.

A continuación pulsar no botón "Autenticar"


4.- se o contrasinal é correcto teremos acceso á nosa vida laboral, pulsando na ligazón "A través desta ligazón obtén o informe xerado" que aparecerá nesa páxina.


5.- unha vez pulsada dita ligazón, xa teremos o informe en formato pdf, que poderemos imprimir e / ou descargar no noso ordenador.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Buscadores e procura de información

Formación Rede CeMIT

erro 0x80100013 DNIe