Cálculo do díxito de control do NIF/NIE
O artigo 11 do Real Decreto 1553/2005, de 23 de decembro, establece que o Documento Nacional de Identidade recollerá o número persoal do DNI e carácter de verificación correspondente ao número de Identificación Fiscal.
Para verificar o NIF, o algoritmo de cálculo do díxito de control é o seguinte:
Divídese o número entre 23 e o resto cámbiase por unha letra que se determina mediante a seguinte táboa:
Por exemplo, se o número do DNI é 12345678, dividido entre 23 da de resto 14, polo que a letra sería a Z: 12345678Z.
12345678/23 da como resultado 0.608696
Para obter o resto multiplicamos a parte decimal * 23 . Neste exemplo sería 0.608696*23
Os NIE's de extranxeiros residentes teñen unha letra (X, Y, Z), 7 números e díxito de control.
Para o cálculo do díxito de control cámbiase:
X → 0
Y → 1
Z → 2
e aplícase o mesmo algoritmo que para o NIF.
Comentarios
Publicar un comentario