palabras clave nun currículo



Cómpre ter en conta que cada vez máis as empresas utilizan programas informáticos como os Applicant Tracking Systems (ATS) para facer unha primeira selección de persoal.
Este software selecciona os historiais que teñen termos relacionados co posto vacante e descarta os perfís que non teñan esas palabras clave.
Por iso debemos incluir no currículo palabras que se asocien coas habilidades que se esperan do posto de traballo, algunhas das que aparezan na oferta ou sinónimos.

Tendo en conta todo isto, a continuación móstranse uns exemplos:

Actitude positiva:

As empresas valoran que a persoa candidata sexa fácil de integrar e tamén traballar con ela, polo que se aconsella "ter unha actitude positiva ante a vida, sempre prefiro un sorriso a unha mala cara"

Aprender:

Valórase que a persoa candidata aprenda con facilidade e que porá todo da súa parte para manterse actualizada, así que "ter inquietude por aprender cousas novas e coñecer novas formas de desempeñar o noso traballo" será tamén moi valorado.

Aportar:

As empresas valoran as persoas proactivas e con iniciativa, así que será valorable "facer suxestións e aportar ideas que sumen"

Compromiso:

As empresas buscan unha vinculación sólida coa compañía e ter unha orientación a longo prazo, por tanto valorarán que busquemos un proxecto co que comprometerse.

Equipo:

Tamén valorarán o traballo en equipo porque entenden que a incorporación ao departamento ou grupo de traballo será fácil e ademáis esa actitude axudará a mellorar o funcionamento do mesmo, por tanto é importante ser unha persoa social que sabe traballar en equipo.

Flexible:

As empresas valoran as persoas que se poden mover ben en entornos ambiguos e que soporten mellor os cambios, por tanto valorarán ás persoas flexibles e abertas ás que non lles custe adaptarse a novas situacións.


Paixón:

As persoas que den o mellor de sí mesmas e ofrezan á empresa máis do que ésta lles pida serán valoradas, por tanto indicaremos que temos paixón polas tarefas que impliquen o posto de traballo, por exemplo: "teño paixón pola ..."

Redes sociais:

As empresas valoran as persoas que entenden os entornos dixitais e consideran que lles poderán axudar a sacarlles partido internamente polo que será valorable facerlles saber que nos movemos ben nas redes sociais e que nos gusta probar as novas que saen ao mercado.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Buscadores e procura de información

Formación Rede CeMIT

erro 0x80100013 DNIe