Publicacións

Robótica Xullo 2023

  Vídeo con algúns dos proxectos feitos no mes de xullo de 2023 na Aula CeMIT do Concello de Cuntis                                                                             YouTube                                                                         Facebook                                                                         Instagram                                                                         Twitter

cuestionarios para practicar Impress

Imaxe
 impress 1                 impress 1.1            impress 2         impress 3     impress 4 impress 5               impress 6           impress 7

como consultar os nosos puntos do carné na DXT

Imaxe
 1.- Accedemos á páxina web oficial da Dirección Xeral de Tráfico , na sección " Consulta de puntos " 2.- seleccionamos o tipo de acceso, por exemplo " Cl@ve " 2.1.- Se o noso  certificado electrónico  é correcto aparecerá a seguinte ventana, co noso nome e apelidos. Só temos que pulsar no botón " Aceptar " O certificado electrónico terá que estar previamente instalado ou deberemos ter o noso lector de DNI electrónico conectado ao ordenador e co DNI dentro, por  exemplo  2.1.2.- A continuación teremos que introducir o noso  PIN  (Contrasinal) do noso Certificado Electrónico 3.- se o contrasinal é correcto visualizaremos os nosos puntos do carné de conducir

cómo tramitar a Vida Laboral en liña

Imaxe
 1.- Accedemos á páxina web oficial da Seguridade Social 2.- Seleccionamos na sección " O máis visto " a ligazón de " Informe de vida laboral " 3.- seleccionamos o método de acceso, por exemplo " Certificado electrónico " 3.1.- Se o noso certificado electrónico é correcto aparecerá a seguinte ventana, co noso nome e apelidos. Só temos que pulsar no botón " Aceptar " O certificado electrónico terá que estar previamente instalado ou deberemos ter o noso lector de DNI electrónico conectado ao ordenador e co DNI dentro, por exemplo  3.1.2.- A continuación teremos que introducir o noso PIN (Contrasinal) do noso Certificado Electrónico 3.2.- Se non queremos utilizar o DNIe ou certificado electrónico e preferimos escoller " Cl@ve " apareceranos a seguinte páxina: (unha das opcións segue a ser DNIe / Certificado Electrónico) 3.2.2.- se escollemos " Cl@ve permanente " teremos que indicar o noso dni e contrasinal asociado a dita conta

erro 0x80100013 DNIe

Imaxe
 Erro de validación PIN Error 0x80100013 en AutoFirma Primeiro confirmaremos que temos instalado o  Instalable DNIe A continuación, en Windows , no Administrador de Dispositivos,  mantendo conectado o DNI no lector para que o visualicemos como Tarxeta intelixente , pulsar no driver do DNI.  Co botón dereito desinstalámolo, sen olvidar de marcar a casilla de " eliminar o software de controlador deste dispositivo " Despois reiniciamos e comprobamos que se volve a descargar e actualizar o controlador, entrando en " Actualización e seguridade" , ou no  Administrador de Dispositivos Unha vez actualizado deberá funcionar correctamente. OLLO!!     se intentamos asinar un ficheiro e tecleamos incorrectamente o contrasinal do noso certificado, entón tamén é posible que nos apareza éste mesmo erro

Traducir páxina web dende Google Chrome

Imaxe
traducir configuración Google Chrome      en " Opcións Avanzadas ", na sección " Idiomas " temos a opción: "Preguntar se queres traducir páxinas web que non están escritas nun idioma que entendas" E sempre se pode traducir calquer páxina web que esté noutro idioma, pulsando co botón dereito do rato nunha zona libre de imaxes  de dita web, xa que aparece a opción " Traducir a ... "

Mapa Aula CeMIT