Erro de validación PIN Error 0x80100013 en AutoFirma Primeiro confirmaremos que temos instalado o Instalable DNIe A continuación, en Windows , no Administrador de Dispositivos, mantendo conectado o DNI no lector para que o visualicemos como Tarxeta intelixente , pulsar no driver do DNI. Co botón dereito desinstalámolo, sen olvidar de marcar a casilla de " eliminar o software de controlador deste dispositivo " Despois reiniciamos e comprobamos que se volve a descargar e actualizar o controlador, entrando en " Actualización e seguridade" , ou no Administrador de Dispositivos Unha vez actualizado deberá funcionar correctamente. OLLO!! se intentamos asinar un ficheiro e tecleamos incorrectamente o contrasinal do noso certificado, entón tamén é posible que nos apareza éste mesmo erro
1.- Accedemos á páxina web oficial da Dirección Xeral de Tráfico , na sección " Consulta de puntos " 2.- seleccionamos o tipo de acceso, por exemplo " Cl@ve " 2.1.- Se o noso certificado electrónico é correcto aparecerá a seguinte ventana, co noso nome e apelidos. Só temos que pulsar no botón " Aceptar " O certificado electrónico terá que estar previamente instalado ou deberemos ter o noso lector de DNI electrónico conectado ao ordenador e co DNI dentro, por exemplo 2.1.2.- A continuación teremos que introducir o noso PIN (Contrasinal) do noso Certificado Electrónico 3.- se o contrasinal é correcto visualizaremos os nosos puntos do carné de conducir
Comentarios
Publicar un comentario